Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
Bolaños, contra la Justicia
DIARIOS DO PASADO
Hoxe é 18 de abril, o Día Mundial de Monumentos e Sitios, conmemoración que promoven a UNESCO e o ICOMOS para fomentar a conservación do patrimonio cultural en todo o planeta. Este ano o lema é “patrimonio vivo e resposta de emerxencia” ante desastres e conflitos. A efeméride non soe dedicarse a un ben ou monumento concreto, se non que chama a reflexionar sobre asuntos xerais en relación co patrimonio cultural. Como exemplos están os lemas de 2011, “O patrimonio cultural da auga”; de 2022, “Patrimonio e clima”; de 2019, “Paisaxes rurais”; ou o de 2025, “Desastres e conflitos a través do prisma da Carta de Venecia”.
Pero tratándose de Ourense e da miña dedicación profesional actual, responsable do Departamento de Arqueoloxía do Concello de Ourense -a última etapa laboral- quero dedicarlle este día tan especial ás fontes das Burgas, BIC coa categoría de territorio histórico, monumento e sitio -”topos”- fulcral da cidade de Ourense por moitas razóns, entre elas as seguintes: a) Porque son arqueoloxía: as escavacións arqueolóxicas promovidas polo Concello de Ourense sacaron á luz restos do primeiro asentamento romano da cidade, cunha cronoloxía do s. I d. C. que, compartida con outros lugares arqueolóxicos, é o fito máis simbólico por concentrar augas termais e cultos a vellos deuses, caso de “Revve Anabaraego”. b) Porque son urbanismo: as fontes sempre estiveron relacionadas coa cidade, tanto polo significado emblemático no seu nacemento como polo servizo prestado a través dos séculos.
Burgas, foco de recuperación ambiental: na nosa opinión, a vocación urbana das Burgas é unir as fontes históricas cos restos arqueolóxicos do entorno e a ribeira do Barbaña, na que se inclúe a praza de abastos e as ruínas da Ponte Pelamios
Dotou de auga, confortou e sanou a ourensáns e forasteiros no pasado e a peregrinos no medievo. c) Por ser un elemento fundamental no patrimonio inmaterial urbano: son soporte de lendas como a do volcán que quece as súas augas mentres durme en Montealegre, ata o día que explotará destruíndo Ourense, tal que unha curiosa metáfora de Pompeia e Herculano. Ou o poder terapéutico dos mananciais, atribuído á lendaria orixe das augas aos pés do Santo Cristo da catedral. d) Por contribuír, ademais, ao turismo cultural da cidade: sen dúbida As Burgas son o lugar máis visitado polos foráneos, xunto coa catedral e como o será o ansiado museo arqueolóxico. Os tres elementos contribúen -contribuirán cando estean en uso- a construír unha información de calidade de Ourense. e) As Burgas e a rúa do Progreso, principio e fin do Ourense tradicional: hoxe as Burgas e a ”Ponte Murallón” que permite o paso do vial sobre a valgada das ditas Burgas, funcionan a dous niveis diferentes -peóns e tráfico, tranquilidade e aceleración, etc.-, como metáforas dun punto esencial na orixe do primeiro Ourense -As Burgas- e da entrada da cidade na modernidade -Progreso e a dita ponte-, superando por vez primeira o recinto practicamente medieval. f) As Burgas, foco de recuperación ambiental: na nosa opinión, a vocación urbana das Burgas é unir as fontes históricas cos restos arqueolóxicos do entorno e a ribeira do Barbaña, na que se inclúe a praza de abastos e as ruínas da Ponte Pelamios. Creo que só unha actuación integral deste tipo pode recuperar este hábitat maltratado polas sucesivas planificacións urbanísticas, das que son exemplo as pendentes imposibles coa rúa Doutor Marañón, a consolidación do paredón das Josefinas ou o deserto case lunar no que se converteu a antiga casa de baños La Moderna.
Por todo, As Burgas merecen atención tamén cada 18 de abril.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
Bolaños, contra la Justicia
Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
El servicio militar
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
As Burgas no 18 de abril, Día Mundial de Monumentos e Sitios
Itxu Díaz
Cuando los besos estropean las noticias del corazón
Lo último
DOS SEMANAS DE ALTO EL FUEGO
Trump deja en el aire la extensión del alto el fuego con Irán y amenaza con reanudar bombardeos
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, sábado 18 de abril?