Eduardo Medrano
Motín de Esquilache
O AFIADOR
Pasou a gran cita anual dos Oscars que recoñece os mellores traballos do último ano dentro do mundo do cinema e, desafortunadamente, sen pena nin gloria para Oliver Laxe e Sirat, a sua última obra laureada en moitos outros certames, aínda que o conseguido, xunto co éxito de taquilla, lle abriralle portas para outros proxectos cos que agrandar o seu bagaxe creativo. Como ben afirmaba o propio Laxe pouco antes da gala de entrega da emblemática estatuiña ás películas galardoadas, o premio para o seu traballo estaba conseguido de antemán. Seguro que a nominación para competir foi máis do que imaxinara antes de botar a andar o proxecto.
O cineasta galego, que xa conseguira apoio institucional en Galicia e Madrid para facer realidade Sirat, contou tamén -xunto con todo o equipo- con respaldo oficial na fastuosa gala vespertina de Hollywood. Por alí andaron o conselleiro de Cultura, José López Campos, e a vicepresidenta segunda e ministra de Traballo, tamén galega, Yolanda Díaz, así como membros dos seus respectivos equipos.
Yolanda Díaz ten todo o dereito de viaxar a onde sexa para apoiar ao cine español. Se o fai como cinéfila ou como amiga do cineasta galego, debería pagar do seu peto o desprazamento; se o fai como vicepresidenta por delegación do presidente, o acompañante acaído era o ministro de Cultura
Xustamente o desprazamento desta última levantou polvareda política despois de que se publicara que o fixo en clase preferente (popularmente business), que elevaría o seu billete por enriba dos sete mil euros, aos que hai que sumar os das duas persoas que a acompañaron. Logo, tamén, foi cuestionada por facelo en razón do seu cargo (vicepresidenta segunda do Goberno ou ministra de Traballo), que non parece o máis acaido para un evento cultural.
Yolanda Díaz ten todo o dereito de viaxar a onde sexa para apoiar ao cine español. Se o fai como cinéfila ou como amiga do cineasta galego, debería pagar do seu peto o desprazamento; se o fai como vicepresidenta por delegación do presidente, o acompañante acaído era o ministro de Cultura (a non ser que deixase comisionado a Urtasun para discutir con patronal e os sindicatos a suba dos soldos. Ó mellor é unha idea unha hipotética futura remodelación do Executivo).
Díaz defendeuse no Congreso sinalando que esa mesma viaxe fixérona no seu día Rodrigo Rato e Mariano Rajoy. Certo, pero cun pequeno matiz: Rato era vicepresidente primeiro (tamén rutilante mago da economía baixo o mando de Aznar, cando aínda non se sabía que empregaba os ocos libres en argallar falcatruadas), e acompañábao Rajoy, que era ministro de Cultura.
En todo caso, atendendo á traxectoria oficial de Yolanda Díaz, igual Oliver Laxe debía ter coidado, pola tendencia a esvaerse dos proxectos nos que ela andou. Ogallá que non, pois o lugués ten a seu favor un horizonte favorable que co talento e capacidade demostrados, pode seguir dando alegrías ao cine e a Galicia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
AL MENOS UN HERIDO
Una colisión entre dos coches provoca retenciones en Rabo de Galo, Ourense
CÚMULO DE LESIONES
Totó, el pulmón del Allariz
LOS LIBROS QUE LEO
"Cartas a un joven poeta" para una búsqueda de la paz interior