Juan M. Casares
CASTELLUM HONESTI
Un retrato oteriano de Florentino Cuevillas
A TRIRITA
Estou, xa hai algún tempo, nesa idade cotrosa (tamén algo obtusa) na que un se repite, e se repite, e volta a se repetir de novo, dicindo sempre o mesmo, sen maior remordemento; mesmo se diría que desfrutando con tan só ollar a cara de pan que se lle pon ó seu interlocutor de quenda. Pasa o mesmo coa escrita, mágoa non poder contemplar a cara do seu atribulado e circunstancial lector.
Hoxe toca non repetirse, sequera sexa por unha vez e de vez en cando, así que estou disposto a lles falar da visita do bispo de Roma, esoutra sede apostólica que, dende o noso Xelmírez, compite con Compostela e de aí que, pra resolver algo, estea regulamentado remover unha coa outra. O problema é que non seguín a visita pola televisión e non pasei dos titulares dos xornais. Penso se o meu aparente desafecto non será, máis ben, cousa debida á convicción de que non me queda moito tempo por diante pra ler e, dado que é ocupación grata desde que aprendín a facelo, me aplico nela todo canto podo e algo máis.
Andaba a reler a Chateaubriand, a modo de sinxelo homenaxe á memoria de Otero Pedrayo, tan en voga nestes días de aí atrás, pois xa saben que o gabacho é o autor do libro que deixou, aberto e boca abaixo, enriba da mesiña de noite o día no que morreu. O libro é o titulado “Memorias de ultratumba”. Adoito recorrer a el cada vez que non entendo o que está a pasar neste noso atribulado país dos nosos pesares. Así que andar andaba refacendo memoria das “Memorias” de monsieur François-René de Chateaubriand, cando se me cruzaron as de “Domingo Garcia-Sabell. A voz e a palabra”, nunha escolma feita por Teresa, a súa filla, e máis Siro López o seu amigo. Amigo dela, amigo de Domingo e amigo meu. Paga a pena lelas.
Eu que sempre pensara que iso da literatura confesional era unha pepla e que é abondo con que sexa literatura. En fin, que aí o deixamos.
Non mo van crer pero é como pra que despois se diga non sei que da intelixencia artificial e de que canto fales polo móbil pode estar sendo escoitado. Miren se isto pode ser así que, segundo lle pedín a Óscar Porral, amigo meu e meu libreiro de cabeceira, que me reservara un exemplar das memorias do recordado amigo tan pronto chegaran a ese luxo maiano que é Bandini, a súa librería, xa me apareceu no móbil a noticia dun libro que pode ser de viaxes e pode ser unha biografía, libro ó que xa lle chimpei medio cento de páxinas pois trata da odisea australiana de Rosendo Salvado, o monxe bieito nado en Tui que cargaba o piano nun carro, ía ata o deserto e unha vez nel púñase a tocalo de xeito que os naturais do país acudían como moscas, déixenme que o diga así, a un panal de rico mel. O libro titulase “El mundo desde abajo” e leva o nome do seu autor: Valentín Carrera; da primeira sentada xa pasei tamén do medio cento de páxinas, co que xa me permito comunicarlles que se le deseguido.
Hai un libro máis que tamén me deu ese medio cento de páxinas indicadoras de se debo ou non debo continuar léndoo. “Punto de Araña” é o seu título e Nerea Pallares é o nome da súa autora. Libro e autora chegaron a Bandini da man de Elena Soto, que os presentou en debida agradable e agradecida forma como era de esperar, coñecéndoa dende hai anos. O libro dá moito que pensar e máis que lles dará ós nosos sisudos académicos da lingua dado o magnífico galego camariñán no que está escrito. Na conversa (o ciclo de presentacións é chamado “As conversas no Bandini”, venres ás 8,30 pm) foi citado como propio ou achegado á literatura feminista. Caracho! Eu que sempre pensara que iso da literatura confesional era unha pepla e que é abondo con que sexa literatura. En fin, que aí o deixamos.
Agora que iso xa esta a chegar ó seu linde, xa no me da lugar a reflexionar sobre a intelixencia artificial á que se referiu o papa con toda a razón do mundo. E iso é o que, confésoo, eu pretendía dende un principio porque, imaxíneno, que pasará cando a IA chegue abranguer todo o coñecemento humano? Arrepía só con pensalo. Ningún dos autores citados ha ser entón necesario, entre outras razóns, porque a humanidade se xa non desapareceu xa estará nun tris de facelo. Só espero que a IA non sexa quen de se emocionar, como nos emocionamos as persoas de carne e oso. So as emocións nos han salvar do abismo; de momento seime vivo, segue emocionándome a lectura.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Juan M. Casares
CASTELLUM HONESTI
Un retrato oteriano de Florentino Cuevillas
Ángel Mario Carreño
REFLEXIONES DE UN NONAGENARIO
Partidos políticos: Corrupción
Alfredo Conde
A TRIRITA
As miñas lecturas de hoxe en día
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
Después del viaje papal
Lo último
1,53 billones de euros
SpaceX empieza a cotizar tras una salida a bolsa histórica
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este sábado, 13 de junio
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: sábado, 13 de junio