As nosas verbenas
Entrou de cheo o mes de xullo e entraron as nosas orquestras con bombas de palenque, aínda que cada día con máis restricións, en centos de festas por todo o País, tendo que confirmar a información que daban os nosos periódicos esta semana da tremenda reducción de orquestras desde a pandemia en beneficio de agrupacións máis pequenas, dúos, tríos ou mesmo excelentetes compoñentes de importantes formacións, que tamén se xuntan cando as datas llo permiten para complementar a súa nómina ou subsistir nos duros meses do inverno, facendo “bolos” para amenizar sesións vermús ou dar concertos dos que se gozan sentados.
Normalmente acompañándose dalgún dos moitísimos Djs que a falta de discotecas, protagonizan vodas, bautizos, comuñóns, grandes eventos nos que son os auténticos protagonistas, emulando a aqueles que os precederon e hoxe son nomes de auténtica referencia.
Hai cousas das que non se pode mirar para outro lado e facer como se non pasaran; hai momentos nos que hay que retroceder uns anos atrás, cando as cousas íannos bastante mellor e volver primar as reivindicacións por enriba da festa, como pode ser a gran manifestación do “Orgullo”, sí, do “Orgullo” pese a quen pese, desta tarde polas rúas e prazas de Madrid. ¡Para atrás nin para coller alento!
Vin nacer o gran fenómeno “Baiuca”, desde aquela reconversión deste catoirés de pro, que se presentara nos primeiros “Bamboleo” co nome artístico de Alex Casanova e cunha posta en escea popeira e absolutamente divertida desde a que lle profeso auténtica devoción, por esa marabillosa mestura de música tradicional con electrónica, incorporando novas técnicas, voces e coreografías que conforman un espectáculo que triunfa en toda España e fora dela, onde se demostra unha vez máis que a música é universal e ten o poder, ou polo menos o gran intento, de unir pobos separados por guerras fratricidas. Eso mesmo quere seguir conseguindo Eurovisión, aínda que estes anos non lle saíran as cousas demasiado ben polas invasións de Rusia e Israel. Hai cousas das que non se pode mirar para outro lado e facer como se non pasaran; hai momentos nos que hay que retroceder uns anos atrás, cando as cousas íannos bastante mellor e volver primar as reivindicacións por enriba da festa, como pode ser a gran manifestación do “Orgullo”, sí, do “Orgullo” pese a quen pese, desta tarde polas rúas e prazas de Madrid. ¡Para atrás nin para coller alento!
Pero a pesar dos pesares, alento hai que botarlle, e a pesar dos sustos que nos segue dando o covid, que chegou para quedar nas nosas vivas, hai que festexar todo o que se nos poña por diante porque os tempos son moi escuros, hai moita xente empeñada en que outra moita máis o pase moi mal a diario, e precisa, sen caer no tópico de ¡Máis Circo e Máis Pan”, botarlle un merengue ou un reguetón para exorcizar eses demos que pretenden facerlle a vida imposible. E aí están xunto coas nosas orquestras, as cada día máis imponentes charangas, agrupacións de música tradicional, solistas, grupos de rock, pop e mil variedades máis ás que eu son incapaz de poñerlle nome, e sobre todo se é en inglés; artistas incombustibles como Pili Pampín, compaxinando platós coa estupenda e tamén polifacética Tania Veiras, con Ortiga, Grande Amore e todos eses Wilbert, Mijael, Yoandris, Geannis, Marjórie, Joiler, e un longo etc. que fusionados cos nosos Pepes, Lauras, Marías, Jonathans, Paulos, e Xurxos souberon poñer o mellor de si, dun lado e doutro do Atlántico, para engrandecer as nosas verbenas, que cada vez son máis reclamadas por outras Comunidades Españolas para amenizar as súas festas.
Hoxe quero rematar enviándolle todo o meu gran cariño á marabillosa gaiteira e amiga Susana Seivane que por unha inoportuna doenza nos dedos tivo que cancelar a súa xira. ¡Ánimo e Forza querida Susana, que eu diso seiche moito!
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada: Jácome, ecologista
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Mira Lugo
David Alvarado
Da gramática do agravio á xestión da mediocridade
Lo último