Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
Berrar sen dicir palabra
PINGAS DE ORBALLO
A Eustaquio Salazar pásalle exactamente o mesmo que a Víctor Manuel: ten a lingua rota de tanto morder silencio. Tantos anos calando, tragando palabras e gardando para si todo aquilo que necesitaba dicir acabaron por deixarlle o órgano da fala feito un desastre. Mesmo tivo que mandar fabricar unha funda especial para protexelo. Pero hai días nos que a desesperación pode máis ca a prudencia e comeza a roer, a rillar na propia funda, coma se quixese acabar dunha vez con todo aquel silencio acumulado.
Para evitar semellante desatino, adoita subir ós outeiros máis altos da contorna
Para evitar semellante desatino, adoita subir ós outeiros máis altos da contorna. Alí, lonxe das miradas a das orellas indiscretas, abre a boca e berra. Ás veces tamén oulea coma os lobos, quizais porque pensa que os animais entenden mellor ca as persoas a necesidade de expresar o que un leva dentro. Non pronuncia palabras, non constrúe discursos: simplemente deixa saír un interminable “aaahhhh” que parece non ter nin principio nin final.
Menos mal que a natureza o dotou dunha boa gorxa. Os seus berros escóitanse a quilómetros de distancia e atravesan a noite coma unha chamada de socorro. Non insulta, non ameaza, non acusa a ninguén. Tampouco pretende convencer ou cambiar a mundo. Só necesita desafogar, baleirar por uns instantes todo aquilo que leva tantos anos encerrado no peito. Porque, para Eustaquio, berrar é unha maneira de seguir falando sen ter que utilizar a lingua.
Cando todo queda en silencio e ata o vento parece conter a respiración
As noites son especialmente difíciles. Cando todo queda en silencio e ata o vento parece conter a respiración, medra nel a tentación de morderse a lingua. Entón comprende que nin a funda pode soportar tal presión. Por iso abandona a casa, sobe ó outeiro e comeza de novo o seu ritual. Berra, oulea, colle aire e continua.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
Berrar sen dicir palabra
Jorge Vázquez
SENDA 0011
El día después de la campana
Mariluz Villar
MUJERES
Ventajas y desventajas
Antonio Casado
Sánchez, de salida
Lo último
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este domingo, 22 de noviembre
ATENCIÓN PSICOLÓGICA
La violencia de género afecta más a los menores del rural
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: domingo, 22 de noviembre