Luís Celeiro
TÍA MANUELA
Moitos non teñen avoa
O AFIADOR
Anda alborotado o patio urbano da dereita do Miño a conta dos episodios de inseguridade cidadá que unha parte dos residentes sinten que van en aumento, sin detectar o esforzo oficial necesario para neutralizar os seus efectos. Elo levou a que algunhos veciños decidiran de xeito espontáneo organizarse en milicias urbanas ás que se incorporaron, tamén ipso facto, profesionais da bulla chegados de outras latitudes, aos que se sitúa moito máis cerca e a violencia que da promoción da armonía social.
Sexa como fora, agora temos dous problemas sustantivos e un colateral: a delincuencia, as brigadas cidadás incontroladas
Nun encontro de representantes do colectivo que sinten preocupación pola situación que atravesa A Ponte co máximo responsable do Goberno central en Ourense para pedir máis medios na loita contra a delincuencia, atopáronse coa estatística do Ministerio do Interior certificando que Ourense ten un dos ambientes máis pacíficos e sosegados do país. Coma quen dí unha arcadia feliz, pero equece -ou non hai outra cousa que ofertar, porque esas decisións rebasan ao titular da institución- que dando por bos números e conclusións, cando unha persoa, un grupo ou moita xente sufren nas suas carnes a violencia en calquera das variadas versións posibles -incluso a perda da vida- de pouco lles vale que ao resto do mundo non lle pase nada. Como nada lle dí, nin lle consola, aos 2,5 millóns de parados en España que máis de vinte millóns de semellantes teñan curro diario.
Como a temperatura ambiental foise incrementando e a cousa púñase fea, de repente aparece un espectacular desplegue de forzas do orde público sobre o barrio de Covadonga -punto quente do tráfico e consumo de droga e colindante co de A Ponte- que parece ser se saldou con resultados espectaculares. As investigacións seica viñan de cinco anos atrás, pero tal como se desenvolveu o asunto, que pasou da lastimosa e endémica queixa pola falla de medios, a un desembarco de uniformados que seguramente non se viron no lugar en anos, ben induce a relacionar o medo a que un día as campás de A Ponte chamaran a somatén (é unha licencia, pois hoxe ese labor espállase a toque de click a través das redes) desencadeou a movida policial para tratar de tapar o balbordo.
Sexa como fora, agora temos dous problemas sustantivos e un colateral: a delincuencia, as brigadas cidadás incontroladas, e a sucesión de bulos polo barrio sobre sucesos que ninguén é capaz de concretar o lugar exacto onde se produciron, nin as potenciais vítimas máis alá de “unha señora”, “un señor” ou “unha nena” (ou neno, claro), pero que engordan o xa enrecido ambiente actual.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Luís Celeiro
TÍA MANUELA
Moitos non teñen avoa
Jenaro Castro
MORRIÑA.COM
Vai chover, carallo
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Aquí no dimite nadie
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
Lembranzas de Otero Pedrayo no centenario da Guía de Galicia
Lo último
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este miércoles, 4 de febrero
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: martes, 4 de febrero
PARA RESCATE Y EVACUACIÓN
La UME despliega 250 militares y 90 vehículos especializados en Huelva, Cádiz y Granada ante el temporal