Fernando Jáuregui
TRIBUNA
Cumpleaños ¿feliz?
Eu, nun principio recibín o envite con paciencia franciscana, pero ó pouco tempo de iniciada a conversa reaccionei e decateime de que o lugar de onde era orixinario o meu contertulio tamén había poucos anos que lle chegara á porta unha autovía sen ser este capital de provincia nin nada que se lle parecera, e entón agardei coma un can de perdices a que aparecera a presa e espeteille: "Pero, cando a autovía chegou á túa vila non protestaches. Non si?"
O certo é que o home non tivo máis remedio -moi ó seu pesar- ca darme a razón.
Desgraciadamente, por moito que aquel meu colega de conversa se vise na obriga de pechar a boca, este comentario -ou esta opinión- continúa a ser recurrente nalgúns foros mesmo da cidade de Ourense. E no colmo do papanatismo máis absoluto, incluso lla teño escoitado a xentes de por aquí, directamente beneficiarias dela. Xentes que, sen embargo, nada dixeron cando a A-52 tiña que ter transcorrido, dende Xinzo de Limia ata a Cañiza polas Terras de Celanova, porque a administración tería aforrado uns 40 quilómetros de trazado que darían para un ramal cara a capital coma os que agora hai cara Valladolid, Zamora, Salamanca, Ávila ou Segovia e que achegarían Vigo da Meseta en máis de media hora.
E dirá vostede que por qué se me acordan a min agora as obras dunha ou doutra autovía?
Pois acórdanseme ó fío da falcatruada con ritmo de sardana e forma de barretina que veu pronunciar a Compostela o vicepresidente do goberno catalán, Francesc Homs, poñendo unha vez máis en solfa a chegada do AVE a Galicia. E esta vez diante das nosas propias narices sen que lle caera a cara de vergoña, o cal xa é a repanocha.
¡Home! ¡Home! ¡Ata aí podiamos chegar, señor Homs! Está ben que lle importe un carallo esta terra e mesmo que nos queira ver dende a distancia como uns "coitadiños" de terceira. Pero entón, "si us plau", abstéñáse de vir botar a "cagadiña" nela.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Fernando Jáuregui
TRIBUNA
Cumpleaños ¿feliz?
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
4.812 turistas en lata
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Dom Pérignon
Itxu Díaz
USOS Y COSTUMBRES DEL VERANO
Los selfies de la comida: el gran juego del postureo de verano
Lo último
DEMOSTRACIONES DE COCINA Y CATAS
Diecinueve bodegas se preparan para la XIX Feira do Viño de Monterrei este fin de semana