Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
Un cambio de paisaxe
PINGAS DE ORBALLO
Necesito aire fresco, lugares novos, paisaxes cheas de nostalxia e sensación de harmonía. Persoas, non tanto; as imprescindibles. E non porque o xénero humano me moleste -máis ben, necesito del-, senón porque hai momentos nos que me chega cunha cascada, unha fervenza, o mar, a montaña, a beira dun río; en resumo: unha paisaxe.
E dáme igual que sexa no norte de León, por exemplo, ou en Huesca. Para varios días, prefiro Huesca. Sempre lle tiven ganas. Para un día ou unha fin de semana, chégame co norte de León. Teño por esa zona dous lugares que necesito ver, que teño que ver.
Necesito un cambio de aires. E non porque o que estou vivindo cheire ou estea podrecido, non; simplemente porque sempre me gustou coñecer lugares novos, cambiar de aires. Algo moi semellante ó que me acontece coa casa: porque, como a casa de cada un, non hai nada; pero, cada dous por tres, necesito saír dela para que non me caia enriba.
Estou ben onde estou e como estou, pero necesito saír da provincia, mesmo de Galicia, que, por sorte, teño moi vista. Necesito pensar tan só en que vou ver mañá, en saber se a ruta que planeei paga a pena ou non.
Si, sempre me gustou buscar rutas de sendeirismo e realizar as andainas. Ademais, nesta época de sol, as visitas ás cidades case non proceden. Mellor a natureza. En estado puro. Con seu ruído que nunca impera sobre o silencio... o dunha fervenza, por exemplo, ou a contemplación do mar desde un acantilado.
Definitivamente, preciso, necesito e teño que cambiar de aires.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
Un cambio de paisaxe
Rafael Torres
La tabarra del eclipse
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Lo que viene
Manuel Baltar
La maleza del sanchismo
Lo último
5,4 PUNTOS SOBRE 10
Masificación y precios, los retos para el turismo español
OBITUARIO
Muere el músico y actor Frank Gálvez
"CORAZONES LEGENDARIOS"
Loquillo reúne a 3.200 personas en el festival Costa Feira