Fernando Ramos
Dice Sánchez que Cataluña y España son países diferentes
PINGAS DE ORBALLO
Se un camelo pode entrar polo ollo dunha agulla, máis fácil será que entre a miña cabeza. Metinme de cabeza!, nunca mellor dito. E maldita a hora en que realicei tal arroutada. Non consigo sacala! Levo xa setenta e dúas horas con ela dentro!
Cando levaba unhas dez horas apareceron xa os bombeiros e nin sequera os deixei mirar. Sabía que non poderían cortar a agulla, pois estaba tan metida xa na miña gorxa que corría o risco de que me tronzasen a xugular. E iso si que non! Non podería berrar máis! Polo menos, aínda que fose nesta postura e nesta situación absurda, podía berrar, cantar e mesmo asubiar.
E agora haberá quen pense que é pouquiña cousa en volume e en intelixencia. Pero, como dicía aquel: cada tolo co seu tema.
Aínda que a angustia xa empeza a ser moita. Setenta e dúas horas daquela maneira na que estaba, e mesmo facendo algún que outro esforzo, xa non era cousa de rir. Rir si que rían os que contemplaban o panorama; e máis logo de saber os motivos polos que metera por alí a cabeza.
Sei que pequei de inocente. Pero, a ver, un camelo é moito animal xunto; a miña cabeza, a pobre, é pouquiña cousa. E agora haberá quen pense que é pouquiña cousa en volume e en intelixencia. Pero, como dicía aquel: cada tolo co seu tema.
Os medios escritos e audiovisuais axiña fixeron acto de presenza e, claro, tanta publicidade xunta atraeu unha pequena invasión de visitantes que, como non..., escachaban coa risa. Eu, ó final, tamén ría, pero cos ollos cheos de bágoas. A inocentada volvérase angustiosa. Maldito camelo e maldito ollo da agulla!
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Fernando Ramos
Dice Sánchez que Cataluña y España son países diferentes
José Luis Fernández Carnicero
DESCUBRINDO A BIBLIA EN OURENSE
Palabras de ánimo
Luis del Val
Ayudemos al inculto
Xose A. Perozo
PENSAR POR PENSAR
Extremadura e pecha España!
Lo último
LUCHA CONTRA LOS INCENDIOS
Lucenza e Infesta, dos modelos en Monterrei para el medio rural del futuro
FESTIVAL CELTA EN GRAN BRETAÑA
A Bretaña disfrutou ao son de Lembranza Solpor
NUEVO CAMIÓN POR 1M
Los bomberos consiguen renovar su parque móvil en Ourense
La Región
Avenida de Portugal: Vallas por donde vayas