Antonio Nespereira
PERDÓN POR LA MOLESTIA
Se puede vivir bien sin leer (nos)
Tal día como hoxe, alá polo 1919, as Irmandades da Fala marcaban o 25 de xullo oficialmente como Día da Patria Galega. Decisión na que participaban históricos galeguistas como Cabanillas, Risco ou Losada Diéguez, entre outros, e que se celebraría plenamente no seguinte calendario, xa marcado como Ano Santo.
A súa celebración en cada recuncho de Galicia quedaría freado coa dictadura de Primo de Rivera, que só recuperaría o seu carácter reivindicativo e festivo durante a Segunda República, e despois da dictadura franquista, durante a que quedaría relegado a unha tradicional misa por Rosalía de Castro na Igrexa de Santo Domingo de Bonaval.
Despois de diversos actos reivindicativos e da constitución do goberno preautonómico no 1978, quedará fixado como Día Nacional de Galicia, non sen polémica dalgúns grupos políticos.
Sen dúbida foron momentos convulsos, e xa co Estatuto aprobado, instalábase unha data de afirmación da nosa galeguidade, coma ben apuntaba Ceferino Díaz.
Para nós, os galegos e galegas, é un día para celebrar que somos un país de verde pel, con cultura e identidade propia, herdada de reis sabios e de poetas capaces de converter a ausencia nunha fermosa arte literaria, expresada no noso idioma, nacido para a expresión falada e para as letras, hai máis de mil vinte primaveiras.
É esta unha terra á que conducen sete camiños polos que chegan xentes de toda condición e sentir, que este ano homenaxeamos e que convirten a Santiago de Compostela en centro de peregrinación, feito que se remonta ó ano 1122, coa decisión tomada polo papa Calixto II.
Un pulo importante farase polo Goberno a través do Plan Nacional Turístico Xacobeo 21-22. Un proxecto que quere impulsar os distintos Camiños de Santiago como producto patrimonial e cultural en todo o territorio nacional, cunha inversión superior ós 121 millóns de euros, que se financiará cos Fondos europeos Next Generation.
Galicia é unha terra única, capaz de combinar o moderno co máis enxebre. Terra de xente afable que contrasta sempre cos abruptos cantís. Galicia é morriña cando estás lonxe. Galicia ten que deixar atrás o seu abandono, e ser PATRIA, en honor ó reino que un día foi.
Este lar do noroste é pura esencia, por iso cada 25 de xullo ofrendamos a un ilustre abanderado da nosa lingua, Castelao. E remato co seu sentir, cunha das citas máis relevantes:
“Ningún idioma alleo, por ilustre que sexa, poderá expresar en nome do noso os íntimos sentimentos, as fondas dores e as perdurables esperanzas do pobo galego; se aínda somos diferentes e capaces de existir, non é máis que por obra e gracia do idioma.”
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Antonio Nespereira
PERDÓN POR LA MOLESTIA
Se puede vivir bien sin leer (nos)
Jenaro Castro
TRAZADO HORIZONTAL
¡Viva el fútbol y viva Ceuta!
Jaime Noguerol
EL ÁNGULO INVERSO
No hubo banquete
José Luis Gómez
CUENTA DE RESULTADOS
La deuda no deja de ser un problema
Lo último
AMBICIOSO ESPECTÁCULO
Un escenario con 118 músicos en Ourense para voltar á Terra Media
"ACOMPAÑAR É DAR VIDA"
Alcer busca voluntarios para acompañar a enfermos renales