Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada Ourense: Los "compapeles"
“Eu son o camiño, a verdade e a vida:
ninguén chega onda o Pai máis ca por min”
(Evanxeo segundo Xoán 14:6)
Alguén dixo unha vez que se non imos a ningunha parte, calquera camiño nos vale. É difícil expresalo mellor, porque se non coñecemos a razón pola que vivimos, como vivimos, ou non sabemos por que facemos o que facemos, a verdade é que a nosa vida non paga moito a pena. Vivimos nunha sociedade que establece metas e obxectivos a onde chegar, pero que non sabe por onde vai nin como chegar a onde quere. Ese é un dos nosos problemas.
Con El, a vida sempre é emocionante
De súpeto escoitamos as palabras de Xesús dicindo: “Eu son o camiño” isto sóanos completamente diferente, porque non nos fala de onde hai que chegar, senón que nos di que o importante é o camiño, o día a día, o lugar polo que transitamos, a compañía que levamos con nós.
Porque cando o Señor É o noso camiño, non soamente sabemos que imos chegar con ben, senón que aprendemos a gozar de cada detalle do sendeiro. Con El, a vida sempre é emocionante.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada Ourense: Los "compapeles"
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Bambi encañonado
Manuel Orío
RECORTES
La gente de a pie
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Ataque a "La Piedad"
Lo último