Luis del Val
Ayudemos al inculto
TRIBUNA
A praza do Eirociño dos Cabaleiros é un dos recunchos mais atrativos e acolledores do casco histórico ourensan que amosa unha tranquilidade e sosego que sorprende gratamente ao comparala có bulicio e alborozo das rúas e prazas que a arrodean. Históricamente, tivo diversas denominacións: A Hortiña, praza do Cid, praza do Eiró, praza do Eirociño e praza do Eirociño dos Cabaleiros. Pola súa fachada leste discorre a rúa que une a rúa San Miguel maila praza de Santa Eufemia chamada primeiramente “San Fernando” e, desde os anos trinta do século XX “Irmans Villar”. O Concello de Ourense aprobara, en sesión plenaria, a petición dos alumnos do colexio dos “Irmans Villar” como homenaxe a Amador e Luis Saturnino Villar.
Florentino López Cuevillas, no seu artigo titulado “Fidalgos” consideraba que Ourense non contou ata comezos do século XV con fidalgos establecidos nela con carácter permanente. Daquela viron os Cadórniga, que levantaron a súa residencia na esquina da Praza Maior coa rúa de Lamas Carvajal e, logo, os seguiron outras familias que apousentaron na cidade. A praza do Eirociño dos Cabaleiros e a rúa dos Irmans Villar pode cualificarse como un “barrio aristocrático” onde a fidalguia construiu as súas casas señoriais. Este suxestivo recuncho sufriu a causa do tempo das reconstrucións que nel se llevaron a cabo; ainda se conservan alí fiestras canopiais, portadas con arco, patios pavimentados con coios do río e escudos coas armas dos Puga, os Lemos, os Armada, os Gayoso e outras linaxes que manten o seu empaque nobiliario.
Olga Gallego Dominguez, na súa obra “A Cidade de Ourense–Unha visión a través dos séculos” informounos que o “Eirociño dos Cabaleiros” acolle a coñecida “Casa de María Andrea”, construida polos Armada, con fachada en L, renacentista, con patio rectangular con columnas, con fiestras de arcos conopiais, portada en arco de medio punto con finas molduras e sobre ela un fermoso escudo. As reformas posteriores deixaron corredores sobre columnas na fachada que dá ó Eiró e un balcón voado sobre ménsuas superpostas de dúas dimensións. […]. A mediados do XVIII era de D. Juan de Armada y Mondragón, Marqués de Sta. Cruz de Ribadulla e rexedor de Ourense, que percibía de renda por ela de D. José Santana, 4 ducados”.
Xosé Ramón Fernández-Oxea (Ben-Cho-Shey) no seu artigo “Escudos de Ourense” fala do escudo sito no número 1 da praza do Cid, a casa dos Armada ou de «María Andrea»: “Un bello escudo se conserva nunha das poucas casas que en Orense quedan do seculo XVI. Esta sobre o arco de medio punto da antiga portada do inmoble número 1 da Praza do Cid. Se timbra con cimera e é cuartelado con escusón ao centro, ostentando as armas de Armada, no primeiro cuartel; de Salgado, no segundo, e de Araújo no terceiro. El cuarto lleva los blasones de Gayoso y de Sotelo, en el escusón se ven ven las lises de los Deza”.
Ramón Otero Pedrayo, sobre a “Casa de María Andrea”, a rúa Irmáns Villar e os personaxes que deron nome a esta rúa, no seu libro “Ourense”, infórmanos:
“Do final da rúa da Paz descende cara o P. Feijóo” -como é vulgar sinalar a praza da estatua– “a estreita de S. Miguel, plagada de bares e restaurantes, como a inmediata praciña, orixe da rúa Irmans Villar. Ainda quedan en S. Miguel algunha casa de firme rotundidade e espectros de desvaecidos arcos. Á praciña -antes chamada “da Hortiña”, pola breve do pazo de Lemos- e en S. Miguel da ampla, fermosa e ainda desvencellada ‘Casa de María Andrea’ -soportal e patio de columnas clásicas, portada renacentista, chan enchinarrado-, que foi dun cóengo cuxa ama defendeuna das extorsións dos franceses en 1809, e deu o seu nome á casa, aloxamento de Sociedades Obreiras, Escolas e xornais, como o agrario, ardente e loitador, fundado antes da célebre “Zarpa” , por D. Basilio Alvarez. Perdéronse de “Pallabarro” da travesía, con alguna bella fachada actual, dos Irmans Villar. Debe o seu nome as dos populares profesores ou pasantes, moi do antigo Réxime pedagóxico, apesar das súas ideas democráticas. Viviu nela o erudito e antes de ser arqueólogo, brillante escritor, D. Arturo Vázquez Nuñez (+1907)”.
No artigo oteriano titulado “Paisaxes, Formas e ritmos de vida do Ourense decimonónico”, que en 1829 faleceu a señora “María Andrea”, nome xamais esquecido que vai unido a, fermosa una amplia casa de hermosa e nobre traza, da calle San Miguel e da praciña “da Hortiña”, así chamada pola pequena casa do Conde de Lemos. A praza foi nobre, recolliida, silente. Na casa de María Andrea houbo bailes, escolas, centros políticos, colexios electorais, redacións de xornais, obradoiros de carpinteiría.
Xesús Ferro Couselo no libro “El Ourense Monumental” sobre a praza de Eirociño dos Cabaleiros tivo a ben opinar:
“É o Antigo Eirociño dos Cabaleiros. Testemuño feacente da fidalguia dos sei¡us antiguos moradores é esta casona vello pazo dos Armada, que ainda conserva ventanais góticos e un magnifico patio, pavimentado con coios rodados- Coñéceselle ainda hoxee por “Casa de Maria Andrea”, fiel servidora dun prebendado, dono á sazón deste pazo, a qie na invasión francesa demostrou un valor excepcional na defensa dos intereses do seu amo e señor”.
Francisco Fariña Busto, no seu libro titulado “Ourense”, sobre a praza do Eirociño dos Cabaleiros e a “Casa de María Andrea” informou: “Inmediato está o Eirociño dos Cabaleiros, recoleta praciña pechada por unha casona edificada en el siglo XVI, con típica balconada de madeira sobre columnas e un fermoso patio, o pazo dos Armada, coñecido como Casa de María Andrea, que fue serventa fiel do cóengo don Francisco Álvarez Guntín de quen a herdou pola súa fidelidade e sofrimento na Guerra da Independencia”.
Vai claro que opinión tan eruditas e sensibles deben ser tidas en conta polas Entidades Públicas e privadas para a recuperación do Casco Histórico Ourensan. A cidade meréceo!
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Luis del Val
Ayudemos al inculto
Xose A. Perozo
PENSAR POR PENSAR
Extremadura e pecha España!
Manuel Orío
RECORTES
Los sueños, sueños son
Fernando Román Alonso
TRIBUNA
A casa de María Andrea
Lo último
RUTA XACOBEA OURENSANA
Una peregrinación une Celanova, Baixa Limia y Ourense
INFORME DE LA OCDE
Feijóo: “¿Qué hace Sánchez con el dinero de impuestos?”
CONFLICTO ENTRE CUBA Y EEUU
Díaz-Canel llama al pueblo de Cuba a prepararse para una guerra