Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
O rumor da quietude
PENSAR POR PENSAR
Nas décadas dos anos 50, 60 e 70 do pasado século uns oitocentos mil cidadáns de todas as idades abandonamos as provincias de Cáceres e Badajoz expulsados polo latifundismo endémico, o caciquismo político e a falta de horizontes laborais e culturais. Alén de Europa, as provincias de Euskadi, Cataluña, Levante e Madrid colmáronse de familias extremeñas. Calcúlase que hoxe máis dun millón daqueles e os seus descendentes non retornamos á terra de onde procedemos. Non puidemos desfrutar nin contribuír ao progreso que sementaron a democracia, a autonomía e os sucesivos equipos socialistas que gobernaron con estabilidade os cambios, coas súas virtudes e defectos. Porén desde a distancia e nas visitas periódicas sentímonos orgullosos do espertar dunha terra que durante séculos vivira ancorada na historia de cartón pedra dos conquistadores supostamente gloriosos e as nobrezas rancias, mentres o proletariado do campo comía só os días en que o patrón lles daba traballo.
Tampouco na foto sae favorecido Alberto Núñez Feijóo mentres en Bambú nº 12 a extrema dereita canta: “Extremadura e pecha España”
Desde 1983 a 2023 Extremadura estivo gobernada pola esquerda, cunha soa paréntese conflitiva, 2011-14, protagonizada polos escándalos do presidente Monago do PP. En case corenta anos de política monocor, cun crecemento eficaz e os desgastes usuais, é normal que a cidadanía se acomode e teña veleidades conservadoras. Por iso resulta lóxico que unha comunidade teoricamente progresista acepte a alternancia pensando nunha posible dereita demócrata e transparente. En esencia por iso é polo que en 2023 o PP de María Guardiola puxo a súa pica en Mérida, e sería democrático darlle un voto de confianza de non ser porque neste escaso espazo de tempo os seus bandazos e submisión final á extrema dereita anuncian unha freada e marcha atrás sementando o desalento. O exemplo máis manifesto acabamos de presencialo. Para fraguar a etapa de inestabilidade inaugurada o mércores, as dúas dereitas necesitaron catro meses de disputas, incluído o acatamento dos de Feijóo ás teses de Abascal. O Documento Marco de Xénova 13 (febreiro de 2026) foi ignorado no pacto asinado por Guardiola ao tempo que as pantasmas do illamento e a segregación de Vox tomaron o poder, desprezando aos máis de trinta e tres mil inmigrantes estranxeiros que habitan as poboacións extremeñas. A lectura non pinta nada ben nin para os conservadores nin para Extremadura.
Tampouco na foto sae favorecido Alberto Núñez Feijóo mentres en Bambú nº 12 a extrema dereita canta: “Extremadura e pecha España”, aumenta o seu poder en Aragón, pon a Castilla y León contra as cordas e agarda acazapada as eleccións de Andalucía. Certamente o líder galego nin levanta cabeza nin consegue endereitar o rumbo do seu partido desde que en 2022 arribou a Madrid co mandato de anular a Santiago Abascal. A sucesión de convocatorias electorais autonómicas, que o PP deseñara como unha cruzada de éxitos para alcanzar La Moncloa o vindeiro ano, resultou un fracaso e puxo de manifesto que Vox pode deixar de ser unha muleta para converterse no verdadeiro motor dun goberno PP do Estado cativo e sen propostas claras, máis aló de derrocar a Sánchez. De momento, de Extremadura e Aragón, Feijóo sae máis só e desamparado que entrou. En Valencia e Murcia non ten asento desde antes da dana. Madrid e Andalucía son dúas plataformas dispostas para sucederlle. Tampouco Mañueco é o seu amigo. Só Galicia se empeña en ser debedora do pasado cun seguimento sen cuartel, que acabará por arrastrar a Alfonso Rueda ao mesmo destino que lle deparen as urnas ao patrón en 2027. Extremadura é un primeiro espello.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
O rumor da quietude
Afonso Vázquez-Monxardín
As xoais de Zapatero, oportunidade perdida
Portal Martínez Soto
TÚ FARMACÉUTICA INFORMA
Protección solar: buenas prácticas desde la oficina de farmacia
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE PRIMAVERA
Los kikos o el mal gusto de Inés
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
LUCHA POR RECONTRUIR
Barro en las calles de Viana, recuerdos bajo tierra y una normalidad aún lejana
nueva economía
La IA abre una nueva carrera por financiar centros de datos
DAÑOS SUFICIENTES
El alcalde de Viana confía en que se declare Zona de Emergencia