Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Se non fose por Castelao, eu non sería presidente de Galicia”. Quen así falaba, non era un presidente nacionalista, senón o sr. Feijóo nun acto de recoñecemento a Castelao organizado polo Partido Galeguista hai tres anos. E continuou: “E se non houbesen asasinado a Alexandre Bóveda, a historia de Galicia sería diferente”. Nese acto eu acababa de concitar a todos a recoñecer con naturalidade a verdade da nosa propia historia, da que formaba parte sobranceira Castelao.
O sr. Rueda vén de presentar outra posición no PP: pra el, Castelao non foi o primeiro presidente democrático de Galicia. Ningún militante do PP vasco ou catalán se atrevería a dicir o mesmo de Leizaola ou de Tarradellas, ningún, porque xa non se trata dun debate ideolóxico, senón da sinxela asunción da historia do país, e sinaladamente do seu decurso democrático preservado no exilio.
Ser galeguista non é un slogan pra gañar votos: é un xeito de estar no mundo e na política
O sr. Rueda non está a sentenciar sobre a historia de Galicia, está a decidir a historia do seu partido. O PP está na disxuntiva de escoller que identidade decide pra si, porque as dúas pólas están aí dende hai tempo: a que recolleu o Sr. Feijóo e defenden algúns persoeiros e non poucos alcaldes do PP, que asumen a historia democrática de Galicia dende Castelao, ou a do sr. Rueda.
A esta segunda non lle fallan antecedentes. Poucos lembran as fondas reticencias do Sr. Fraga Iribarne co tíduo VIII da Constitución española, “cheo de riscos pra o futuro” nas súas palabras. Iso non lle impediu postularse anos despois pra presidente da Xunta de Galicia, a entidade xermolada na cabeza e o corazón dos próceres da democracia e o autogoberno galegos, Castelao e Bóveda.
O PP está en todo o seu dereito de elixir responsablemente unha das dúas posicións, pero o que dende logo non poderá, se segue a do Sr. Rueda, é ir pola vida de galeguista. Ser galeguista non é un slogan pra gañar votos: é un xeito de estar no mundo e na política, comprometido por riba de todo e sen concesións con Galicia e ca súa historia. Nesa historia, non hai dúbida, Castelao foi o seu primeiro presidente democrático, nun tempo no que a representación democrática de Galicia fora arrasada pola ditadura e se mantiña preservada no exilio da Galicia do Alén-mar. Renegar da historia do país é poñerse fóra dela e incapacitarse pra transformala.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El sanchismo paga bien
Sergio Otamendi
CRÓNICA INTERNACIONAL
Sin indicios de paz
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
91 coches matriculados al día
Lo último
"MENSAJE DE TRANQUILIDAD"
El Gobierno tiene "todo dispuesto" para atender y desinfectar el crucero con hantavirus