La Región
JARDÍN ABIERTO
Simbología de la flor de amarilis en Navidad
Trouxéronme, pasos sobre os que escribirei outro día, ata o corazón de Roma. Inicialmente, da Roma imperial, cesarista e pretoriana, por onde tiven o pracer de pasear ó longo de todo o día. E posteriormente, da Roma vaticana, onde un meu conveciño da aldea de Xamirás, antigo corazón de Acebedo do Río -hoxe parroquia de San Jorge de Acebedo- Manuel Míguez González -máis coñecido como Faustino Míguez- será elevado a santo polo Papa Francisco.
Como teño o mal san costume de varrer sempre para a miña "casa" -que por fortuna é Celanova-, entre topeneo e topeneo pola estrada do firmamento que nos coincidiu dende Porto ata Ciampino, viñen cavilando nas históricas relacións que a miña vella vila ten con esta fermosa e eterna cidade e decateime de que malia ás inmensas diferencias de dimensión histórica, social, cultural, etc., que nos afastan, aínda temos algunhas que paga a pena traer, con tal motivo, a esta cotiá fiestra.
A primeira delas hai que procurala no saco sen fondo do tempo, concretamente no ano 132 da nosa Era -é dicir, hai preto de 1.900 anos!- cando un mando militar romano e os nosos devanceiros -os Coelerni- asinaron un pacto de hospitalidade (coñecida como a Tábula de Castromao) que aínda hoxe se mantén vixente, tal e como calquera pode comprobar en formato fiel de bronce, no medio e medio da Praza das Pitas.
A segunda debe facer referencia a mil anos despois, concretamente no 1196, cando o Papa Celestino III decidiu canonizar ó fundador das nosas terras, Rosendo Guterres, e cuxa bula papal de canonización se conserva coma un tesouro na Hispanic Society de New York.
A terceira -case setecentos anos despois- ten que ver co "desafío" literario co que o insigne Manuel Curros Enríquez retou ó Papa León XIII, cando nunha crítica composición poética titulada "O divino Sainete", o Curros máis mordaz e incisivo lle pasou polos "morros" os estragos que daquela facían na sociedade os sete pecados capitais. Un por cada vagón do tren -racataprán- no que "se achegou" ata Roma.
Velaí que este será, en números redondos, o cuarto as da baralla que nos irmanda directamente con Roma. Cousa da que non poden presumir -dígoo con absoluta fachenda- moitas outras localidades, xa non penso só do conxunto da xeografía galega, senón mesmo, de norte a sur, da xeografía española.
Hai uns anos tiven a oportunidade de lle falar disto ó presidente de Telecinco, Paolo Vasile -romano de pro-, cando visitou a miña vila. E cando lle dixen que íamos facer un percorrido por Celanova en clave romana, deume a impresión de que viu en min a un fala-barato de animación de feira. Mais a realidade está aí, por máis que arestora vostede tamén estea pensando, "xa está este con Celanova ás voltas".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
La Región
JARDÍN ABIERTO
Simbología de la flor de amarilis en Navidad
Jaime Noguerol
EL ÁNGULO INVERSO
La mirada sabia del barman
Miguel Anxo Bastos
Extremadura: la clave está a la izquierda
Sergio Otamendi
CRÓNICA INTERNACIONAL
Dos éxitos o dos fracasos
Lo último