Luis del Val
La anécdota que desplazó a la categoría
PENSAR POR PENSAR
É evidente que un simple virus, unha bacteria ou unha mente desequilibrada poden poñer en xaque ao mundo enteiro no prazo dun suspiro. Dous destes elementos, o virus e os cerebros incompetentes, foron protagonistas do caos durante esta semana. Detéñase vostede a pensar na actitude de Donald Trump ao retirar en xaneiro a EEUU da Organización Mundial da Saúde (OMS), á que o seu país debe 130 millóns de dólares. Unha mostra máis do desequilibrio mental dun individuo que, desde a cima do poder, todos os días fai bambear ao mundo como un bebé xogando co seu tente en pé. A OMS, á que pertencen case todos os países do planeta, vela pola boa marcha da sanidade desde o punto de vista da globalización solidaria e a actuación científica rigorosa. Coa súa actuación, Trump desvinculou a EEUU da prevención sanitaria global, das actuacións saudables ante os perigos xerados polas enfermidades e propiciou o illamento suicida dos seus cidadáns ante as pandemias modernas. Con este antecedente, cal sería a actuación de Trump se o cruceiro infectado co hantavirus aparecese fronte ás súas costas? Atrévese vostede a prognosticalo?
O acontecido co Hondius, no que viaxaban individuos de 23 países, puxo de manifesto a importancia e necesidade das organizacións internacionais que, ao longo do pasado século XX, propiciaron un mellor funcionamento da convivencia internacional. Organismos que Trump trata de destruír no seu paseo marcial cara a unha nova orde totalitaria mundial. Canto respecta Trump á ONU, á UE, á OEA, á OTAN, á UA, ao FMI, á OMC, á FAO…? Pode parecer unha sopa de letras indixerible para o mandatario norteamericano pero en realidade trátase dun armazón de pactos e lexislacións, probablemente mellorables, que propician a orde democrática mundial, aínda que en moitos dos Estados integrantes a democracia sexa unha miraxe ou inexistente. Talvez por iso, semellantes organismos deban ser respectados e mantidos contra ventos e mareas oportunistas. A actuación do goberno de Pedro Sánchez, colaborando decididamente coa OMS, foi un éxito non só pola eficacia sanitaria, senón tamén por colocar a España no podio do respecto democrático e solidario internacional que nos corresponde, por encima de Donald Trump, unha vez máis.
Despois da tráxica experiencia da covid-19, que se levou a case sete millóns de pacientes en todo o mundo, a aparición de calquera virus descontrolado debese chamar á serenidade e ao mesmo tempo ás actuacións politicosanitarias contundentes, alleas a oportunismos personalistas ou colectivos. Para o presidente de Canarias non foi así. Pensando no paradoxo do Hondius, un buque de características ecoloxistas pillado por un virus maléfico, non puiden deixar de imaxinar unha película na que os case douscentos pasaxeiros se visen condenados polo presidente canario a permanecer illados no medio do Atlántico cazando ratas nadadoras por todos os recunchos e camarotes do navío mentres esperaban a implacable visita da propia morte. E ao mesmo tempo pensei que esta España das Autonomías non naceu para confrontar entre elas senón para colaborar en beneficio do progreso da cidadanía, polo que custa entender o éxito electoral de personaxes conservadores como Díaz Ayuso, Clavijo, Guardiola ou Abascal sempre batuxando no barro da insolidariedade e a incompetencia, dispostos a cambiar os seus pratos de lentellas por un puñado de fama á procura de votos a imitación de Trump. Ás veces tamén hai excepcións, si. Nesta ocasión foi o conservador Alfonso Rueda quen se desmarcou do raticida. Un síntoma?
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Luis del Val
La anécdota que desplazó a la categoría
Xose A. Perozo
PENSAR POR PENSAR
Ratas nadadoras e outras incompetencias
Fernando González
DESCUBRINDO A BIBLIA EN OURENSE
A louvanza dos homes
Pilar Falcón
Ratas, mares y cortinas
Lo último
ENCUENTRO ANTE EL REUS FC
El peligro para la UD se llama Ricardo Vaz
POLO DE EMPRENDEMENTO DE VERÍN
Emprender en Monterrei, una apuesta por su potencial
FIESTAS DE O COUTO
El Concello prohibe hacer uso de los garajes en O Couto