Chicho Outeiriño
DEAMBULANDO
Los más de mil apodos de Benchosey… y los nuestros
Onte fixo cincuenta anos dunha copiña de licor café mañanceira que tomaramos no desaparecido bar La Paz, preto da Praza do Ferro. E a cousa dá para sorrir con saudade, porque cando se bota a memoria para atrás ata hai cincuenta anos é que un non vai para novo.
O caso é que aquel día 20 de novembro de 1975 achegarámonos ao Instituto da Ponte bastantes alumnos. Uns, despistados, que non oíran as noticias e non sabían que, por fin, deixaran morrer a Franco dunha vez, e outros porque íamos a ver como ían as cousas polo alí. Como lles comentei o outro día, Albino Núñez, daquela Xefe de Estudos con Criado de Director, saíu á entrada e comunicounos que se suspendían as clases. Certo que xa o esperabamos pero mostramos ruidosamente a nosa alegría e marchamos a escape.
Total que cando Arias Navarro dixo coa voz trémula e entre bagoas ‘Franco ha muerto’, todos rimos e brindamos ruidosamente
Así que uns cantos rapaces de entre 15 e 17 anos, libres xa das clases e sen moita gana de ir para as casas, fomos aos viños. Debemos chegar ás nove e media ou así. E dígoo porque cando falou Arias Navarro pola tele eran as 10 en punto, e xa beberamos as nosas copas de licor café. Daquela non existía a prohibición de vender alcohol a menores nin estas cousas que trouxo a modernidade, a lei, e o cambio no sentido común. Estabamos, como poden imaxinar, moi excitados, porque os presentes eramos mociños moi “implicados”, con visións diferentes pero comúns na ilusión do futuro. Aquel sistema fósil non tiña simpatías entre a xente nova, case nin entre os que ían aos campamentos da OJE. A materia “doutrinal” de FEN (Formación del Espírito Nacional) –“Política”- lle chamabamos, era unha das “marías” -xunto con ximnasia, relixión- inocua, inútil e, creo, contraproducente para aquela ideoloxía. O profesorado traído da man do Movimiento, era alleo polo tanto ao resto do profesorado, como os de Relixión que viñan do dedo do bispo. Eran xente diversa, “afecta” ao Movimiento, sen especial traxectoria profesional, á que lle proporcionaban un complemento ou medio de vida. Tiven un profesor fascista -e dígoo como pura descrición, non como insulto- que cría no que falaba sen que ninguén lle fixese caso. Pobre. Tivo mala sorte cos fillos. Era de fóra, o Focas, chamábamoslle polos seus bigotes, e cando ía en primeiro deume unha sonora labazada porque na libreta copiara a bandeira española que el debuxara na pizarra, pero coas tres franxas iguais de anchas... e eu só quería seguir os renglóns. Foi a última vez que me zoscou un profesor. Tiven outro, moi boa xente, amable e bo debuxante, Carbajales, que vivía conforme aos tempos e de estar nas Cortes, seguro que tería votado si á lei da Reforma. Outro, borrachín, presumía de pistola, copaba moito, e tiña un tanto desacougado ao persoal. Fauna diversa. Tal que o resto dos profesores. Tal que os alumnos. Algúns -poucos- “organizados” en ERGA, Xuventudes Comunistas, MGR, e incluso falanxistas “auténticos” que renegaban de Franco, pero non de José Antonio.
Total que cando Aria Navarro dixo coa voz trémula e entre bagoas “Franco ha muerto”, todos rimos e brindamos ruidosamente, e cando un se achegou á barra a pedir outra copa, un home que estaba apoiado nela, mirándonos con carraxe, identificouse como policía e díxolle a aquel rapaz -logo alto cargo funcionarial e politico na Xunta- que o levaba detido a Comisaría. Entre a ousadía da idade, a excitación do momento e o licor café, erguémonos e fomos todos á barra. “Se o leva a el, lévanos a todos”, “Pero non ve xa que morreu o home?” dixémoslle rindo. Obviamente a circunstancia de chegar el a comisaría levando tras de si unha ducia de mozos medio peneques rindo, sería disparatada. Así que el fixo o lóxico e razoable. Acenou coa cabeza, queixouse da xuventude e marchou maldicíndonos entre dentes. O do bar, ao pouco, pediunos que marchásemos. As cousas empezaban a cambiar. Pouco a pouco.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Chicho Outeiriño
DEAMBULANDO
Los más de mil apodos de Benchosey… y los nuestros
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Nicolás
Miguel Michinel
TINTA DE VERANO
Lo barato sale caro
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
En busca e captura
Lo último
EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense