Pilar Falcón
DÍAS Y COPLAS
Resaca papal
"Estas notícias, falsas ou certas, enchem-me sempre de um desconforto especial, misto de desdém e de náusea física." (O livro do desassossego, Fernando Pessoa).
O meu tío bautizou no seu día, co nome de raposos calvos, a esas criaturas que se proclaman os amos do mundo. Seica perderon o pelo de tanto pensar no que lle convén a España, ata tal punto que os dermatólogos do réxime están a piques de volverse tolos porque non comprenden como pode haber tipos pelados que seguen supurando caspa. Ao parecer é un problema encefálico.
Retornaron despois das eleccións do 20-D, para ilustrarnos sobre o concepto de política de Estado, para mostrarnos as súas illargas sebáceas e mesmo excitar aos electos que ocupan escano nas Cortes. Eses novatos da clase pensan que, por ser representantes da cidadanía, xa gozan dunha liña de leasing, sen xuros, que lles permite elixir presidente do goberno a quen lles pete. Esquécense de que para iso están os pais da patria. Para fornecelos de consellos e favores. A non ser que queiran ser acusados de delito de lesa patria –ou de zoofilia patolóxica- tendo que pasar o resto da súa vida aturando un insoportable dor de moas, como penitencia polos pecados cometidos.
Segundo o manual da alta política de Estado –editado polo club dos raposos calvos- un deputado en Cortes non é máis ca unha mona, obrigada a bailar en función da partitura que interpretan os músicos dese selecto club. Tres expresidentes, media ducia de tertulianos, varios medios de comunicación capitalinos, algúns xefes da patronal, conferenciantes episcopais e algúns baróns sen título ou con nome feminino, conforman ese círculo que se reúne ás noitiñas no Retiro madrileño, para entoar, collidos das mans, a vella canción do "pase-misi-pase-misá", entrando a saco a defender, con capa e espada, por terra, mar e aire, a necesidade do goberno da gran coalición –ou, gran corrupción- coma única fórmula para garantir a unidade de España e o gozo da santísima troica. Para iso gañamos o título de país máis corrupto de Europa.
Ah! O meu tío Lisardo, sorprendido de tanta afinidade ideolóxica nese club, a pesar da discrepancia militante, recoméndalle aos representantes da cidadanía que, antes de vivir na ignominia, coma auténticos bois de palla, lle paren os pés aos que se obstinan en salvarnos, a pesar da nosa maldita ansia por guindarnos no abismo. Hai que goderse con estes corcueras do nabo!
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Pilar Falcón
DÍAS Y COPLAS
Resaca papal
Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada Ourense: Ejerciendo de Florentino
Carlos Risco
LA CIUDAD QUE TODAVÍA ESTÁ
La aldea que sigue estando debajo
Juan Andrés Hervella
ETNOGRAFÍA RURAL
Arquitectura popular existente dentro do Concello de Ourense
Lo último
ENCUENTRO EN LA CAPITAL DEL TURIA
La Asociación de Licenciados y Doctores Españoles en Estados Unidos celebrará su congreso en Valencia
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este jueves, 11 de junio