La Región
JARDÍN ABIERTO
Simbología de la flor de amarilis en Navidad
Ando a ler coma un descosido. A expresión é vella, agora non se utiliza moito, ou nada, pero a min gústame; millor dito, gústame moito. Suxíreme a convicción de que o fago ceibo, libre de ataduras, de coseduras e costuras, de prexuízos e mesmo de tendencias. Estalles visto que son un inxenuo. Un inxenuo serodio, claro, dada a miña provecta idade. A que amola? Por iso coido que xa non cambiarei. Porque e pra que facelo? Se o prefiren poñan que ando a ler despendolado. Válelles?
Voulles poñer exemplos. Boteime a reler “A memoria do boi” escrita que foi por Vázquez Pintor e premiada no ano 2000 co “Torrente Ballester”. Sigo desfrutando, entre outros desfrutes lectores, co idioma no que está escrito. Moito me marabilla o dominio do galego do autor e vello coñecido.
Pra non ir tan atrás e deixar ben claro que aprendín debidamente o que me ensinaron de neno na casa dos meus pais -hai que comer de todo, dicíanme- tamén ando a ler “Jarroa”. Acaba de ser editada por “Caballo de Troya”, logo de que fose escrita por unha moza da Illa de Arousa nun castelán salferido de palabras de nós e de vellos saberes que só manexan os illeus; as xentes que como Andrea Fernández Plata viviron tempos e silencios dos que cada vez vai quedando menos consciencia e pouca sabedoría. Se me fixeran caso lían este libro e relían o Vázquez Pintor.
Hai autores ós que un sempre debe regresar, a risco do que sexa. Por iso trouxen prá casa un libro de Sándor Márai, o escritor húngaro por min tan admirado. Merquei “Un perro con carácter”, editado hai nada por “Salamandra”, e, xa ven, é a primeira vez que me defrauda un texto deste autor do que podería dicir eu que o venerei, o venero e o continuarei a venerar malia que “Un perro con carácter”, pois tal ven sendo o seu título, se me teña atravesado, prá miña sorpresa e inmediata frustración.
Se non escribo, que outra cousa podo facer que non sexa ler coma un desesperado?
O caso é que rematei unha novela, a derradeira que penso editar na miña vida, entre outras razóns porque fai o número vixésimo das por min escritas e, a certa idade, o millor é non seguir dando a tabarra. Agora está a remollo, coma se fose un bacallau que haxa que desalar antes de fervelo. Ese élles o caso. Se non escribo, que outra cousa podo facer que non sexa ler coma un desesperado?
Como nun estou dicindo nada que non pense, entenderá o lector que seguise a ler outra novidade: a do libro de Leonardo Padura “Ir a La Habana”, editado por Tusquets e ben ilustrado con fotos da cidade na que o autor veu ó mundo. A verdade é que, cando me vin co libro nas mans, picoume a curiosidade: a ver que di este home, díxenme, ó que lle deu a dimensión que ten, segundo eu o penso, foi a decisión de chamarlle Mario Conde a un seu e central personaxe novelesco. Pois nesa sospeita me manteño, Mario Conde segue aí, no libro, sen ter nada que ver co real e diríase del que, case, non é outro que o propio autor, tanto o pode ser, que está sendo citado coma un personaxe real. E si que o é. En resume, millor lles recomendo a lectura dos primeiros citados por moito que eu lera a Sándor Márai e moito que o siga admirando.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
La Región
JARDÍN ABIERTO
Simbología de la flor de amarilis en Navidad
Jaime Noguerol
EL ÁNGULO INVERSO
La mirada sabia del barman
Miguel Anxo Bastos
Extremadura: la clave está a la izquierda
Sergio Otamendi
CRÓNICA INTERNACIONAL
Dos éxitos o dos fracasos
Lo último
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy, domingo, 21 de diciembre