Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
Aquella formidable radio local de un Ourense lejano
De todos é sabido a miña afección polas bandas sonoras. Así é que xa vai sendo hora de que lle dedique algunha columniña ó mundo das bandas sonoras, a un músico, a Richard Rodney Bennet, que foi un dos grandes compositores de bandas sonoras, que lle puxo música a máis de 50 filmes e que o nomearon ó Oscar polo seu traballo en “Lonxe do mundanal ruído”, “Nicolás e Alexandra” e “Asasinato no Orient Express”.
Richard Rodney Bennet naceu no Reino Unido en 1936. A súa nai, pianista e compositora, foi unha discípula de Gustav Holst e que cantou na estrea profesional da obra máis coñecida do compositor, “Os planetas”. O seu pai era autor de libros infantís. Desde neno, Bennet tivo un especial gusto musical, que lle permitiu gozar tanto da música popular que escoitaba na radio como das grandes partituras orquestrais que oía nas salas de cine. Posteriormente, confesaría que a auténtica idade de ouro das bandas musicais foron os anos trinta, cando compositores europeos de primeira fila colaboraron coa industria cinematográfica.
Na súa adolescencia, e segundo o crítico Adam Sweeting, Bennet amosou un precoz talento para a composición. Ós 19 anos xa escribira tres cuartetos de corda e en 1954 publicou a súa primeira obra “Sonata para piano”. Nesa época empezou a escoitar as retransmisións radiofónicas de Stuttgart, que lle traían noticias das vangardas máis avanzada.
En 1957 e durante dous anos, Richard Rodney Bennet estudou con Pierre Boulez e absorbeu as súas técnicas de serialismo total, así como a súa fascinación pola vangarda musical alemá. Axiña asimilou o que aprendera dese mestre e fusionouno coas súas inclinacións musicais, de corte máis lírico.
Entre os seus primeiros éxitos no xénero cinematográfico están as súas colaboracións na película “Indiscreta” (1958) e en filmes de John Schlesinger, Joseph Losey e Sidney Lumet, e en 1994 acadaría un dos seus éxitos máis espectaculares coa súa banda para “Catro vodas e un funeral”. A súa produción inclúe cinco óperas, tres sinfonías, un concerto para o gran saxofonista Stan Getz e moitas máis obras corais.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
Aquella formidable radio local de un Ourense lejano
Ángel Mario Carreño
REFLEXIONES DE UN NONAGENARIO
Taurinos y/o antitaurinos
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
El eclipse de nuestras vidas
José Antonio Constenla
Mirando a Roma para no mirar a Rabat
Lo último
La Región
Asaltamontes
balonmano masculino
Primer día de actividad para un Ribeiro que no quiere sufrir tanto
BANDA DE GAITAS
Un novo son para a Banda de Gaitas do Carballiño