Juan Andrés Hervella
IGREXAS E CAPELAS OURENSÁS
Construcións obxectivas, hórreos
IGREXAS E CAPELAS OURENSÁS
A casa campesiña existente no rural galego resulta máis complexa do que parece a simple vista, nela céntrase a vida dos homes do agro; nembargante no só realizase no interior da casa o seu traballo posto que conta prolóngase as actividades no exterior dela pois pon en contacto os seus moradores co terreo existentes na súa contorna que permite a súa mantenza e, nalgúns casos, a mellora da súa economía doméstica. Por outra banda as labores do campo esixen a recolección e conservación dos seus produtos todos aqueles que, pola súa circunstancia e o seu tamaño, non permiten o seu almacenaxe no interior da propia vivenda.
O hórreo, segundo a zona do seu asento, reciben diversos denominacións: órrio, orro, cabaz, cabaceiro, cabazo,celeiro, piorno espigueira,canastro é unha construción tradicional no noso rural galego e asturiano destinado a secar, almacenar e gardar o millo entre outros elementos provinte do agro. O seu orixe é incerto aínda que existe unha antiga representación pictórica, pintura histórica, da súa existencia recollida na vellísima miniatura que se ilustra nas “Cantigas de Santa María do Rei Alfonso Décimo “ El Sabio” conservadas actualmente na biblioteca do Escorial.
Tanto dende o punto de vista arquitectónico como artístico, etnográfico e funcional o hórreo considérase como unha dependencia obxectiva da casa rural máis importante e orixinal lograda que forma parte da casa e de forma insubstituíble na paisaxe galega aparecendo escriturada na súa compra venda entre os séculos XII e XIV.
O prototipo xeral do canastro consiste basicamente nunha estrutura alargada rectangular típica tanto dos hórreos galegos como portugueses e asturianos sostido por catro o máis pés de pedra mais ou menos altos, de grosor variable, tallados nunha soa peza e ergueitos sobre un lugar elevado illado do chan rematados nunha peza cóncava denominada “rateiras” ou “tornarratos” O Corpo superior componse de dúas paredes de madeira, abertos mediante buratos ou celosías verticais algo separada entre si para facilitar a ventilación interior. O piso componse de táboas de madeira colocadas por riba dos pontóns. No frontal do hórreo ou nun laterais dos lado sitúase a porta de acceso, igualmente de madeira á que se accede mediante o emprego dunha escaleira de madeira ou chanzos de pedra. A teitume do tellado de cubrición soe ser mediante dúas augas a base de tella curva do país ou lousa dando remate ó conxunto cunha pequena cruz acompañada dalgún pináculo ou “falo” ademais de figurar no lintel a data da súa ergueita. Outra peculiaridade referente ós mesmos existente nalgunhas aldeas como A Merca, Vilanova dos Infantes, consiste na agrupación de canastros en bastante bo estado de conservación nun lugar ó aire libre.
A situación do hórreo, caso das casa agrupadas, sitúase preto do seu asento elixido preferentemente un lugar aireado chairo denominado eira comunal. Por diversos motivos estas construción tan populares tan importante no seu día para o agro na actualidade han caído en desuso utilizándose basicamente como motivo decorativo tanto no interior de fincas particulares como en xardíns.
O hórreo mais os cruceiros quizais sexan as construcións da arte popular máis emblemática das existentes en Galicia; afortunadamente recentemente ambas iniciaron o seu camiño cara o seu recoñecemento polo o Ministerio de Cultura como: “Manifestacións Representativas do Patrimonio Cultural Inmaterial” ademais de contar actualmente ca Lei do Patrimonio de Galicia, todas estas obras con unha antigüidade non menor dous século, independentemente do seu estado de conservación, sen esquecer da vixilancia dos propios concellos no que se sitúa estas interesantes peza populares, non permitindo ningún tipo de intervención que poida alterar, modificar ou eliminar a súa estrutura así como a ergueita de calquera tipo de edificación, construción ou modificación cércana a el existindo determinadas distancias de seguridade en relación co seu entorno.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Juan Andrés Hervella
IGREXAS E CAPELAS OURENSÁS
Construcións obxectivas, hórreos
Mariluz Villar
MUJERES
Eterno Mark Twain
Jorge Vázquez
SENDA 0011
Septiembre se decide en agosto
Fernando Jáuregui
El Gobierno ha muerto, viva el Gobierno
Lo último
TRAS DETENER LAS OBRAS
El Concello pone bajo custodia lo retirado de la Casa de Baños
UN AÑO DEL INCENDIO
Verónica: volver a empezar para volver a pastorear en Chandrexa de Queixa