Lalo Pavón
O AFIADOR
Crise de credibilidade
O AFIADOR
Ancaba de arrancar a campaña electoral que nos levará ás portas das eleccións do próximo día 29. Nos vindeiros quince días as formacións concurrentes pedirán o respaldo dos potenciais votantes, para que asuman as respectivas ofertas programáticas e as decisións que haberán de tomar quenes obteñan a maioría absoluta que os catapulte a asunción das responsabilidades de goberno ou, no seu defecto, unha alianza que sume o respaldo suficiente para gobernar e lexislar durante os catro anos seguintes. Como ocorreu nas últimas lexislaturas.
Tan esaxeradas son as postas en escea descalificadoras que dedican moito máis tempo a insultos, ameazas e baladronadas varias, que aos asuntos troncais para a vida dos administrados
Esto é a teoría, porque a estas alturas levamos meses escoitando as bondades do que pretenden facer os partidos e a contundencia coa que rexeitarán as propostas dos inimigos irreconciliables na contenda -outrora denominados e considerados rivais políticos-. Tan esaxeradas son as postas en escea descalificadoras que dedican moito máis tempo a insultos, ameazas e baladronadas varias, que aos asuntos troncais para a vida dos administrados, tales como vivenda, mercado laboral, desertización demográfica do rural, pensións, infraestruturas -e a sua seguridade- ou as ameazas da aplicación perversa da tecnoloxía punteira (que cada quen ordene o anterior como queira). Tan esaxeradas, dicía, que reducen radicalmente a credilidade das mensaxes.
Como exemplo, faga vostede un breve exercicio de memoria e trate de rescatar a bote pronto propostas que resolvan algunha das eivas nomeadas máis arribas. A renglón seguido, faga o mesmo con medidas relevantes para a resolución de problemas que propoñan os partidos. Agora confronte os resultados e verá que lembrará moito máis das primeiras que das segundas, igual que comprobará que no bulleiro político/electoral ten resonancia moi superior o eco das andanzas vencelladas con Aldama ou Koldo sobre corrupción e corruptos (sorprende o grao de credibilidade que a xudicatura concede ao primeiro fronte ao segundo), que as propostas ou medidas urxentes para devolver a quebrada confianza no sistema ferroviario, si é que se fixeron.
A fe política anda tan magra que falando de Galicia, vías e trens, case podemos apostar unha tonelada de reais a que non escoitaremos nada de desdobramento na línea, nin da variante exterior de Ourense ou a data da posta en marcha da nova estación. Por descoñecer, descoñeceremos desta última, con toda seguridade si finalmente será un edificio digno ou se reducirá a un pendello. Escaldados como estamos dende hai anos, o feito ata o de agora coa de autobuses, o aparcamento subterráneo (maioritariamente garaxe de coches de aluguer) ou a esplanada que o cubre non invita ao optimismo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lalo Pavón
O AFIADOR
Crise de credibilidade
Emilio R. Portabales
TRIBUNA
Homenaxe ao Plus Ultra en Ourense, 1926
Pilar Falcón
DÍAS Y COPLAS
Gritos de campaña
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Una huelga fallida contra la oposición
Lo último
LIGA DE NACIONES
España cumple en Praga (0-2)
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: viernes, 13 de noviembre
SEGMENTO PRÉMIUM
Un hotel sobre el mar entre dos playas de Costa Rica