Evelio Traba
LEER ES UN PLACER
En busca del detective salvaje
¡BUONE VISIONI!
Unha das mellores series de animación para adultos europea, creada por Zerocalcare, volveu a Netflix cunha nova tempada: 8 capítulos, cada un cunha duración que varía entre os 24 e os 44 minutos, inspirados sobre os cómics do ilustrador contemporáneo máis celebre de Italia. Para quen non viu as primeiras dúas entregas, “Cortar por la línea de puntos” (2019) e “Este mundo no me hará mala persona” (2023) hai que dar unhas coordinadas. Zero –o alter ego animado do seu autor- é un non-mozo do barrio romano de Tor Vergata que ten un armadillo por subconsciente e reflexiona intensamente, mesturando humor negro e poesía, sobre a súa traxectoria vital. A serie, ambientada na periferia romana onde se fala en rigoroso ‘romanesco’, deixou atrás un éxito sen precedentes. Especialmente en Italia foron un verdadeiro fenómeno social. Ata o punto que, para ver o avance da anterior tempada, “Este mundo no me hará mala persona”, cinco mil persoas puxéronse na cola dun multicine na periferia de Roma.
A trama de “Por cuatro perras” céntrase sobre Jabalí (Cinghiale) un dos amigos de Zero, que se mete en graves problemas coa mafia local
Zerocalcare –nome artístico de Michele Rech- converteuse no portavoz involuntario dunha enteira xeración desencantada, indignada, crecida coa televisión analóxica de Berlusconi e que, chegada aos corenta anos, malvive coleccionando un traballo mal pagado detrás doutro. Todo o que pasa nas novelas gráficas do autor é bastante autobiográfico. Ao mesmo tempo, Zerocalcare é un artista que mantén unha forte implicación cos movementos políticos e sociais do seu país. Se “Este mundo no me hará mala persona” tocaba temas como a educación, o consumo das drogas e o novo fascismo, “Por cuatro perras” explora as relacións tóxicas, o acoso escolar, o peso da ambición e do éxito, e redefine os seus personaxes baixo un enfoque máis desencantado. Quizais sexa o traballo máis amargo –outros dirían ‘maduro’– de Zerocalcare onde o autor intenta pechar unha triloxía coa amizade como tema de fondo.
A trama de “Por cuatro perras” céntrase sobre Jabalí (Cinghiale) un dos amigos de Zero, que se mete en graves problemas coa mafia local, obrigando os seus amigos a idear un plan par salvalo. Paralelamente atopamos Esmeralda, unha muller vítima de abuso e violencia e que funciona a nivel narrativo para explorar o tema das relacións tóxicas. Nalgún momento a serie convértese nun noir pero non del todo resolto. O humor segue presente aínda que nesta nova entrega a comedia ten un punto máis sombrío, incluso deprimente.
Zerocalcare ademais de ser o creador, o guionista e o principal dobrador da serie –pon a voz ao protagonista e a case todos os personaxes da serie –é afeccionado á música. Encargouse persoalmente de escoller unha banda sonora moi variada, unha viaxe sonora entre o pop-rock e o indie italiano. Hai temas orixinais de Giancane –habitual colaborador de Zerocalcare - ou clásicos como “Love Will Tear Us Apart” de Joy Division ou “Torn” de Natalie Imbruglia. Cada un elixirá a súa tempada preferida desta serie de animación imprescindible. Para min segue sendo a segunda, aínda que esta última ten un nivel moi alto e os últimos dous capítulos de “Cortar por la línea de puntos” sempre quedarán para o recordo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Evelio Traba
LEER ES UN PLACER
En busca del detective salvaje
Chicho Outeiriño
DEAMBULANDO
El Castrum Marítimum más impactante, y lugares que podrían evocar a La Odisea
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
La toma de Tenochtitlan
Luis Carlos de la Peña
MI PLAN PERFECTO
Una jornada en Baiona
Lo último
REPARTOS "SIN DATOS CIERTOS"
Galicia "cumplirá la ley" en el reparto de menores migrantes, pero demanda planificación y financiación