Rafael Torres
Arrastrará a su partido
DESCUBRINDO A BIBLIA EN OURENSE
“É legal que paguemos impostos ao César, ou non?” (Lucas 20:22)
Nos tempos de Xesús, os principais sacerdotes e os escribas estaban cheos de odio contra as predicacións do mestre de mestres. Como sempre quedaban cheos de vergoña ante as persoas, puxeron espías que buscaran probas para acusar a Xesús. Nesta ocasión danlle os parabéns pola súa doutrina e pregúntanlle se é legal, segundo as súas leis, pagar impostos. Xesús coñecía os seus corazóns e as súas intencións, polo que lles pide unha moeda. Logo pregúntalles quen é o que figura nela. Eles din: César. Xesús xa non se molesta en acusalos para que eles mesmos se sintan avergoñados. O que acontecía é que eran eles mesmos os que lles roubaban a César nos impostos, e a Deus nos diezmos e ofrendas no tempo. Todos coñecemos a frase: Dade a César o que é de César e a Deus o que é de Deus. Xesús era Rei e no seu reino só existe a honestidade.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este martes, 3 de noviembre
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: martes, 3 de noviembre