Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Dos pasadas de Falcon
DESCUBRINDO A BIBLIA EN OURENSE
“Que temos que ver contigo,
Fillo de Deus”
(Mateo 8:29)
Na terra dos Gadarenos Xesús tópase con dúas persoas que estaban posuídos por demos. Beelzebú é o seu príncipe, a serpe antiga que é Satanás. As persoas achéganse a Xesús e os demos son os que falan a través deles. Declaran que é Fillo de Deus e pregúntanlle se os vai atormentar antes de tempo. Por iso sabemos que os seguidores de Satanás coñecen o seu final, e tamén que agora teñen poder para entrar en saír de persoas e mesmo de animais. Xesús libera ás persoas e neste caso concreto, deixa que entren nun fato de porcos. O que non esperaban os coidadores é que o fato caese ao mar e afogasen todos. Poden vostedes imaxinar a escena? Estes animais eran impuros na lei de Moisés e os que os coidaban estaban mal vistos polo pobo, por iso as xentes pediron que Xesús marchara para outro lugar. Non lles importaba que as persoas fosen liberadas. A perda económica fora moito maior e máis importante para eles.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Dos pasadas de Falcon
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE VERANO
El paso del tiempo en las vidas de otros
Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
Una habitación con cinco esquinas
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El oficio de aplaudir al presidente
Lo último