Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Feijóo, si fuera presidente
Esperta, dicía Miguel Ríos, e eu xa hai un bo cacho que estou esperto. Tamén me gusta soñar esperto. E dar longos paseos. E contemplar o universo. Cando toca, escoito o fado “Vida vivida”, de Argentina Santos, mentres penso naquel vestido roxo que se bambeaba ó vento, ou mentres asimilo que o universo é infinito. Quere chover pero aínda non chove. Quero asubiar pero non atopo o tema musical concreto. Tampouco se pode asubiar a vulto, de calquera xeito. Cando non asubío remoio o silencio. O silencio é bonito... en calquera circunstancia. O silencio é un amigo. O silencio é un espello que te deixa mirar o que se reflicte nel. Aínda que se encha de bafo.
Quero saír a pasear, pero aínda estou traballando. Será no descanso do guerreiro cando a ansiedade se consagre a uns pasos na procura dun sorriso primaveral. A tarde está primaveral, aínda que queira chover. Sempre haberá momentos nos que un latexo, unha palpitación esperte as ansias de atopar o que se anda buscando. Todo nesta vida é unha busca continua... aínda que sexa en silencio. No descanso do guerreiro pode rebentar a estrela máis grande do universo.
Queda pouco para rematar o traballo e recoller; para iniciar o descanso do guerreiro e deixar que a batalla quede tan só entre catro versos escritos que se rimaron entre o ir e vir dun silencio que é amigo. No descanso do guerreiro non hai bombas nin receos, non hai mortes nin xenreiras; tan só navega en calma a Perla Negra.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Feijóo, si fuera presidente
Fernando Román Alonso
TRIBUNA
O baldaquino de Oseira
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Henri Matisse (1869-1954)
Julián Pardinas Sanz
La curiosa falacia del comunismo democrático
Lo último
TRAS VARIOS AÑOS DE ESPERA
El Consejo de Ministros aprueba el Reglamento del Estatuto de la Ciudadanía Española en el Exterior