Desfeita do patrimonio

ARQUITECTURA POPULAR

Publicado: 19 ago 2026 - 06:40
Desfeita do patrimonio.
Desfeita do patrimonio.

A materialización do concepto do “Ourense Termal” débase basearse na busca de todos aqueles obxectivos tendentes á dinamización turística tanto da nosa cidade como provincia explotando e mellorando todos aqueles recursos, tanto perecedoiros como imperecedoiros, como o son as augas termais existentes na provincia así como, monumentos, paisaxes, ou edificios de singulares de alto valor arquitectónico patrimonial que aínda se conservan.

A casa de Baños de Outeiro, ou o pouco que queda dela na actualidade tralo incendio, sitúase na coñecida antigamente como Baixada do Outeiro, número 6; tralo grave sinistro só se mantén, de milagre a súa interesante fachada de pedra. A obra deseñada polo coñecido arquitecto Daniel Vázquez Gulías Martínez (1869-1937) construíanse entre a transición dos séculos XIX e XX, sendo unha das primeiras obras encargadas como vivendas uni familiares ó arquitecto ourensán.

Dende a construción das primeiras instalacións a titularidade da propiedade estivo en mans privadas

A fachada do edificio compúñase de dúas plantas, a central máis alta cas laterais, rematada nun ático apuntado co seu aleiro; toda ela apenas conta con decoración principalmente centrada nos vanos, ménsulas e cornixa. As artísticas varandas de ferro dos balcóns, obra da fundación Malingre, compaxínanse cas artística vidreiras existentes nos dous portais de acceso ó edificio e zócalos existentes no interior logrando certa unidade artística como compoñentes básico do proxecto orixinal construtivo.

O edificio incluía na parte baixa dous departamentos ou pozas de pedra contendo auga quente mineral situadas ó aire libre empregadas para o baño das xentes mais populares, iso si, con rigorosa separación entre ambos ambos xesos; mais tarde serviron de lavadoiros da roupa. O interior de coidada decoración do edificio contaba cun fermoso salón para o descanso e relax dos bañistas namentres que baixando unha bonita e artística escaleira de madeira se accedía á propias e individuais salas de baño e duchas que acochaban as orixinais bañeiras de porcelana e mármore servidas por curiosa billas de cobre. No exterior, a carón do río Barbaña limitando ca recente pasarela peonil existía un coidado xardín utilizado polos propietarios do balneario para a seca da roupa.

Dende a construción das primeiras instalacións a titularidade da propiedade sempre estivo en mans privadas.

Este curto relato tenta defender un patrimonio que é de todos os ourensás queirámolo ou non, xa forma parte da historia da nosa cidade, por esta circunstancia temos a obriga da súa defensa e vixilancia por parte dos responsables tanto de Patrimonio como do Concello para que deste xeito tristemente no aconteza con outros edificios singulares non sendo froito da piqueta non chegando a desaparecer na súa totalidade.

Contenido patrocinado

stats