Gonzalo Iglesias Sueiro
Días oscuros
Quero correr detrás dos extraterrestres, é máis, quero matar a algúns, a moitos extraterrestres. Pero para elo teño que facerme astronauta. Non sei como facerme astronauta! No sei nada da física cuántica nin da química orgánica ou analítica; que máis dá. Non sei nada da propulsión dun asubío nin da inercia flotando por enriba dun amieiro. Pero baixo o influxo do jazz de Thelonious Monk son capaz de aboiar por entre nubes de algodón para atoparme, cara a cara, con E.T. Pobriño, este é tan riquiño, que tan só lle direi ola e deixareino ir para a súa casa. O peor é cando remate a música de Thelonious Monk… lembrade que non son astronauta. Paso a fochicar nas páxinas da Internet para buscar cursos de cómo facerse astronauta. Seguide lembrando que quero correr detrás dos extraterrestres. Ou mellor dito, quero matar algúns ou moitos extraterrestres. É que son feos de carallo!
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Gonzalo Iglesias Sueiro
Días oscuros
BRÚJULA DIGITAL
El conocimiento de toda una vida también puede vivir en internet
Alfredo Conde
A TRIRITA
Temos que facer por enganar a Azrael
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
Comité Federal
Lo último