Difundir contido sensible: consecuencias para empresas e cidadáns

DIARIO LEGAL

Opinión en La Región
Opinión en La Región | La Región

Acontinuación, procederemos a analizar as consecuencias administrativas e disciplinarias, ás que pode enfrentarse unha empresa ou un cidadán no caso de difundir contido de carácter sensible.

En primeiro lugar, compre sinalar as competencias da Seguridade Social e Inspección de traballo respecto ás empresas, a través da Ley sobre infraccións e sancións no ámbito social (LISOS). Esta normativa tipifica como infracción administrativa moi grave, os actos do empresario/a que foran contrarios ao respeto da intimidade e consideración debida á dignidade dos traballadores. Para as infraccións moi graves, contémplanse multas dende 6.251 e ata 187.515 (artigo 40.1 c).

Un exemplo que pode ter encaixe nesta tipificación é un caso de acoso sexual dentro da empresa. Imaxinemos que unha traballadora comunica á dirección de recursos humanos que está a sufrir, dentro da empresa, unha situación desta índole e a empresa, sendo coñecedora da posible situación da traballadora, non adopta ningunha medida de protección ou prevención e non activa o protocolo de acoso (artigo 48 Ley Orgánica 3/2007 para a igualdade efectiva de homes e mulleres).

Outro exemplo, pode ser o acoso recibido por parte de dous compañeiros varóns que, por ser parella, sufren dentro da organización, hostigamento por parte dos compañeiros e superiores, difundindo imaxes de ambos a través dun grupo de WhatsApp, e tendo coñecemento a empresa, non toma ningunha medida ao respecto, (art. 8.13 bis, LISOS).

A empresa ten coñecemento disto e non se preocupa de realizar unha nova avaliación de riscos, analizando os riscos psicosociáis e as medidas a adoptar. As multas previstas oscilan entre os 626 e 6250 euros

En materia de prevención de riscos laboráis, calquera acción ou omisión por parte do empresario/a que cause un dano ao traballador/a, pode ser constitutivo de infracción, ben por non haber feito unha correcta avaliación dos riscos, incluidos os psicosociáis ou non haber levado a cabo de maneira correcta a vixianza da saúade dos traballadores. Por exemplo, unha empresa que realiza a prevención de riscos pero que non se preocupa de mantela actualizada, atópase con que nun mesmo departamento están de baixa por ansiedade e depresión cinco persoas, as cales son obxeto de burla nun grupo de WhatsApp dos traballadores. A empresa ten coñecemento disto e non se preocupa de realizar unha nova avaliación de riscos, analizando os riscos psicosociáis e as medidas a adoptar. As multas previstas oscilan entre os 626 e 6250 euros, (art. 40.1.b, LISOS).

Por outra banda, afectando a calquera cidadán, a Agencia Española de Protección de Datos (AEPD), é o organismo con postestade sancionadora, cando a infracción compromete datos persoáis. A difusión de datos especialmente sensibles (imaxes, videos de carácter sexual, audios..) dunha persoa física sin o seu consentimento, considérase un tratamento ilícito dos seus datos persoáis, sendo competente a AEPD para iniciar o correspondente procedemento sancionador contra quen o houbera difundido ou contribuira a facelo. Infrinxe a norma quen obtivo ilícitamente os datos (imaxes, videos) ou quen, sin habelos obtido, os difundiu (reenviou ou publicou nunha rede social, sen consentimento).

Estas conductas poden sancionarse económicamente con multas de ata 20 millóns de euros ou, tratándose dunha empresa, ata o 4% da facturación anual, obtando pola de maior cuantía. Algúns exemplos: grupo de adolescentes que gravan sen consentiemento a unha rapaza da que se está burlando un grupo de persoas, difundindo o video nunha rede social para humillala fronte ao resto do instituto; unha persoa publica na red social Facebook fotos íntimas da sua experella, fotos consentidas no momento de sacalas, procedendo agora a envialas a un foro, acompañadas do teléfono de contacto da exparella.

É importante concienciarnos do impacto e consecuencias que pode orixinar para calquera, particular ou empresa, un uso incorrecto de información ou contido sensible. Todos e todas somos responsables.

Contenido patrocinado

stats