Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Feijóo, si fuera presidente
TÍA MANUELA
Este é un tempo de luces, foguetes, agasallos de todo tipo, e moitos de produtos innecesarios. É tempo de nadal, unha boa ocasión para abandonar un ano, de discrepancias e desilusións, e entrar en 2026 coa esperanza de que sexa venturoso. Serao, seguramente! Será como na feira, “cando un perde outro gaña”. E, quen gañará? Outra vez, os mesmos, os de sempre, os preocupados polo ben do seu embigo, os que loitan e falan para que os outros calen, anden e traballen.
Luminarias, anuncios e consumismo, para que o pobo teña liberdade e poida comprar, gastar e encher as arcas dos poderosos, dos ricos e de moitos mentireiros. Aquí festa de noiteboa, de nadal, de fin de ano, de San Silvestre, San Manuel, ano novo ou reis. Uns poñen beléns en cada cuarto, na entrada da casa ou na praza do pobo; outros acenden luminarias extraordinarias e pintan árbores de considerables dimensións. Todo vai “manga por ombro”, xerando controversia, estirando a polémica e dividindo á poboación entre bos e malos.
Nalgúns casos tamén teñen arte e representan actividades e formas de traballar e vivir dos pasados, daqueles que laboreaban coas súas mans, coas súas costumes e cos seus medios rudimentarios.
Os prezos dos comestibles increméntanse nestas datas, aumentan como aumenta o frío e o prezo da enerxía, pero convén abrigarse e protexerse das inclemencias, aquí e alí, onde queira que sexa. Moverse, ir e vir e ver e volver, son obxectivos principais para que a cidadanía poida contar con satisfacción o éxito das súas inversións festivas, esquecendo que a mellor inversións é a que se fai en saúde. Aí está o desexo da Tía Manuela: “Saúde, felices festas e venturoso aninovo, amigos lectores”.
As festas, as luces, os nacementos, as árbores decorativas e os movementos sociais teñen ideoloxía. Nalgúns casos tamén teñen arte e representan actividades e formas de traballar e vivir dos pasados, daqueles que laboreaban coas súas mans, coas súas costumes e cos seus medios rudimentarios.
Hai nacementos que son obras de arte, de artistas prestixiosos. Están instalados no maxín do veciñanza e recordan o que foi o noso pasado, a nosa xente e a vida do noso pobo, coas casas de pedra e os oficios tradicionais abrindo camiños. O Belén de Begonte (Lugo) e o de Baltar en Ourense, son dous magníficos exemplos, con figuras, escenas e paisaxes que xuntan a tradición e a creatividade popular, en conxuntos artísticos dignos de mirar e admirar.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Feijóo, si fuera presidente
Fernando Román Alonso
TRIBUNA
O baldaquino de Oseira
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Henri Matisse (1869-1954)
Julián Pardinas Sanz
La curiosa falacia del comunismo democrático
Lo último
RESPONSABILIDADES POLÍTICAS
❌ ✅ Encuesta | ¿Crees que la dimisión de Óscar Puente es suficiente?
"LA CULPA NO PUEDE MORIR SOLA"
Óscar Puente dimite tras 4 horas de comparecencia sobre su gestión y dos accidentes ferroviarios que suman 114 muertos