A disciplina nos tempos de Luís Tobío
A TRIRITA
Ando a ler a tradución que Juan Durán-Loriga fixo do libro de Luís Tobío titulado “Recuerdos de un diplomático intermitente”, editado que foi por Editorial Dos Soles cunha introdución do propio Durán-Loriga. É un libro ameno, fiel retrato dun tempo e dun ambiente cales son os que corresponden á vida da diplomacia nun reino, este de España, que en tempos exixiu nobreza de sangue, tanto pró acceso a ela como a algunha forza armada. Sucedía así nos tempos de María Pita, de xeito que o seu terceiro esposo (ela tivo catro) foi quen lle aprendeu a ler e fixo dela a gran empresaria que foi. Sancho de Arratia era capitán de mar, ou sexa, era da nobre condición que foi exixida ata ben tarde. O cuarto tamén foi nobre e escudeiro da Real Audiencia. Chamouse Gil Bermúdez de Figueroa.
A lectura do libro de Luis Tobío, que era do que falabamos, susténtase pola atractiva personalidade do autor, pero tamén no tempo no que viviu a súa profesión en Bulgaria que, por certo, non foi non moito. Axiña todo se veu embaixo a empuxóns da Guerra Civil que, durante tres anos, devastou este anaco da terra coñecido como España.
Os usos e costumes na diplomacia vividos no seu tempo quedan fermosamente reflectidos no libro de quen asesorou a Castelao. Fíxoo logo de redactar xunto a Carbalho Calero o anteproxecto do Estatuto de Autonomía, aprobado en Madrid polo Congreso dos Deputados. Sucedeu así días antes do golpe militar do 18 de xullo do 1936. Tobío formouse en Berlín con Hermann Heller, de xeito que dispuxo dun excepcional coñecemento da Teoría de Estado, o que lle valeu pra definir Galicia coma “Un Estado libre dentro da República Española” e participar na creación do Partido Galeguista. Coincidín con el, de xeito breve e moi mal aproveitado por min, nun par de ocasións que tan so me permiten dicir que era de bo trato. Mágoa. Ben que sinto a brevidade... e mesmo a ignorancia e mailo meu carácter, que me impediron aproveitar, sequera minimamente, os dous encontros.
É certo, tras tempos tempos veñen, tal e como dicían os vellos de antes e non o dicimos os vellos de agora
Iso non foi o que fixo Tobío en Sofía sendo diplomático na Embaixada de España, senón o que puido contar no libro que está a me dar pé pra escribir o que escribo e colixir quen foi o noso home, esoutro cerebro máis do que o país prescindiu dun xeito ó que xa estamos afeitos. No libro relata as vivencias e as dificultades vividas en Sofía por monseñor Angelo Giuseppe Roncalli, quen sería Xoan XXIII e poría ó par dos tempos á Igrexa Católica.
O libro é ameno. Por non citar outras lerias de maior enxundia, cabe recordar a ocasión na que Lois Tobío narra o dito pola condesa de Campo Alange, esposa dun seu compañeiro. Sucedeu nunha recepción na que había más convidados que cadeiras pra se sentar: “Aquí faltan sillas o sobran culos”. Ou outra na que escoitou por primeira vez explicar a diferencia entre un diplomático e unha dama: “El diplomático cuando dice sí es puede ser, cuando dice puede ser es que no y cuando dice no es que no es diplomático; mientras que una dama cuando dice no es que puede ser, cuando dice puede ser es que sí y cuando dice sí es que no es una dama”. Algo así debeu ser o que lle sucedeu a un ex deputado do Congreso ou a algún político de por eiquí cerca cando ningún deles debeu ser moi diplomático ou Breogán saberá o que realmente puido suceder. Como cambian os tempos!
É certo, tras tempos tempos veñen, tal e como dicían os vellos de antes e non o dicimos os vellos de agora. Debeu ser que se esgotou o refraneiro ou que as cousas cambiaron tanto que apenas xa nada é como foi. Ás veces é como pra pensar que estamos nunha desas etapas que sempre ocupan a historia nas que un puritanismo hipócrita se fai coas redes da sociedade, Tanto o sospeito que das anécdotas lidas no libro de Tobío extractei aquelas que me pareceron máis mundanas. Pero certo é que hai outras ben distintas; por exemplo, as sucedidas nos tempos soviéticos que viviu Bulgaria. Pero esas déixollas ós máis curiosos dos meus lectores, previa adquisición do libro. Logo de lelo penso se será ese puritanismo hipócrita o que privou á figura de Luis Tobío da presenza activa no noso pasado máis recente.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
86.000 SOLDADOS EN EUROPA
EEUU retirará 5.000 de sus soldados de Alemania en plena revisión de su presencia militar en Europa
"ME GUSTA TERMINAR EL TRABAJO"
Trump apunta que EEUU podría tomar el control de Cuba "casi de inmediato"