Francisco Muro de Iscar
El Gobierno del “todo pendiente”
PINGAS DE ORBALLO
Maldita calor! Desde as once da mañá, pechado na casa. E con todo o que significa para min saír ou non saír. Se non saio, cáeme a casa enriba. O día lembroume, por momentos, aqueles malditos días do encerro pola Covid. Nin sequera valeu de moito ler ou fochicar no ordenador: os minutos facíanse interminables e as horas, eternas.
Saín, por fin, ás nove da noite. E... maldita xente! Quixen parar na terraza da cafetaría de sempre, pero foi imposible: estaba ata os topes. Tiven que seguir ata outra, onde apenas quedaba unha mesa libre. Lanceime a por ela coma un poseso, coma un energúmeno, coma un endemoñado. Non fose o demo que alguén daquela maldita xente ma arrebatase diante dos fociños.
Pois eu sigo tendo medo a morrer esmagado. Case mellor facelo dun golpe de calor.
Empezo a recoñecer que o encerro me está afectando. Noto a adrenalina a remexer nas miñas ideas, e os pensamentos avanzan cara á destrución... do que sexa: da calor, do sol, da casa e, como non, da xente. Desa xente que parece non ter consideración ningunha. Acaso non lles transmite o meu rostro a impotencia e a carraxe de quen leva todo un día encerrado? Deixarme sen mesa... Agora mesmo síntome coma un can rabioso.
Pero, claro, como ía saír antes se aínda ás nove e media da noite hai trinta graos? Se saio ás catro da tarde -como máis ou menos fago sempre-, dáme tal insolación que quedo no camiño, no atallo coma un ovo fritido. E, porén, case o prefiro. Antes iso ca deixar que a casa me esmague. Xa mo dicía miña nai: “Ai, neno, a casa non cae enriba de ti”. Pois eu sigo tendo medo a morrer esmagado. Case mellor facelo dun golpe de calor.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Francisco Muro de Iscar
El Gobierno del “todo pendiente”
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
50 años de Adolfo Domínguez
PINGAS DE ORBALLO
A Ditadura da calor
Noelia Pérez
TRIBUNA
Por suposto, Verín non se pecha
Lo último
FESTA DO PEMENTO
El pimiento vuelve a reinar en A Arnoia
FUSIÓN EN O RIBEIRO
La oposición de Carballeda agita una moción de censura
PARALIZADAS LAS OBRAS
La empresa de la avenida de Portugal deja en Monterrei otra obra a medias