Itxu Díaz
CRÓNICAS DE VERANO
Los “nepo babys” atacan de nuevo
DENDE SEIXO-ALBO
Moito cambiou a nosa sociedade e, por extensión, o mundo dende a efeméride do 23F. Naqueles anos non tiñamos os medios de comunicación nin os teléfonos intelixentes que hoxe camiñan con nós, e tampouco existían as redes sociais nin se falaba da intelixencia artificial.
Nestes días, por mor dos corenta e pico de anos da asonada de Tejero, moito se fala de si o rei Xoan Carlos fixo aquelo ou o outro para parar o golpe. De que si estaba a favor do asunto, de que sabía o que acontecía nos cuarteis ou que el era cómplice da asonada. Eu teño moi claro que si el apoiara o golpe militar, ós partidos políticos non lle quedaba outra que loitar pola República, pois unha ditadura na sociedade do momento non sei se a aguantaría moito tempo. Á monarquía pasaríalle igual co que lle aconteceu o seu cuñado Constantino en Grecia: iría ó exilio. Non foi así, polo que como estamos noutra tesitura ben distinta, e a democracia que temos, cos seus defectos, sigue de momento viva, falaremos do presente. Si, doutra sociedade moi distinta e mellor ca daqueles anos. Con todo, moitos dos que apoian esa linguaxe incendiaria e antisistema da extrema dereita, que fala de pórlle unha bomba a TVE e outras barbaridades, deberan ollar ó que anda a facer o Milei na Arxentina. Iso podería darlles unha idea do que pode acontecer se chegan ó poder os que eso berran.
Na sociedade, dende a data sinalada, percibo un presente, un tempo cada día menos sensibel e máis individualista
Na sociedade, dende a data sinalada, percibo un presente, un tempo cada día menos sensibel e máis individualista. O “sé tú” prendeu na maioría da xente máis moza, e esa forma de ver a vida individualmente e pensar que así se é mais feliz está a favorecer que os donos das grandes redes sociais e outros medios poderosos nos inculquen unha maneira de pensar e de actuar como se foramos masa manipulabel que se manexa ó antollo e comenencia dos seus interese económicos. Se a sociedade dos anos oitenta era máis solidaria, a de hoxe, polo menos nunha gran parte, é menos sensibel e máis individualista ca daqueles anos. Polo tanto, máis débil e sinxela de manexar. E as forzas políticas, con moi poucas excepcións, viven engoumadas mirándose a si mesmas e pechadas nun egocentrismo que non augura nada bo. A xuventude non participa nos movementos culturais nin no asociacionismo de base, como son os entes veciñais e culturais. Pensan que todo o acadado, o que temos hoxe e desfrutamos, caeu do ceo e que nos veu dado sen esforzo. E hoxe vive máis pendente do díxome díxome, das redes sociais e do que din os youtubers que de informarse con veracidade. Esa mocidade, nunha grande parte, renunciou ás loitas por unha vida mellor e vive para a festa pola festa. Traga co que lle poñen en moitos programas lixo e danlle veracidade a trolas sen saber que os están a manipular. E como nesas redes circula moito bulo, media verdade e mentiras así van as cousas. En fin, a sociedade do momento no é a de hai corenta e pico de anos. Para moitos, é moito máis influenciabel e menos solidaria que aquela que quedou atrás. E o rei salvou a coroa, pois se apoiara o golpe hoxe estaría no exilio e o Estado noutra tesitura ben distinta.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE VERANO
Los “nepo babys” atacan de nuevo
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Os dolmens e o nacemento da historia
Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
El viafra
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
Choque frontal en el Gobierno
Lo último
ENTRE MONTAÑAS
Marcha nocturna “Entre lobos e estrelas”
RESCATES ENTRE ESCOMBROS
Dos de los tres españoles son localizados con vida tras las riadas de Nepal