Francisco Muro de Iscar
Sánchez no está derrotado
RECUNCHO HEBDOMADARIO
Comentaba a semana pasada -cando falei neste mesmo espazo sobre os días importantes das novenas dos Milagres- que, para describir ben o Rosario das Antorchas e O Día 8, precisaría polo menos outro Recuncho Hebdomadario. E remataba dicindo: “Se cadra, o do ano que vén”.
Pois non: xa é o de hoxe. Porque hoxe dáse a coincidencia de que é día 7, Rosario das Antorchas, e mañá é O Día 8. Aínda que tamén é certo que estiven nun alustro, nun chiscar de ollos, de optar pola andaina que realicei precisamente ós Milagres, desde a Finca Fierro, en Barbadás, antonte. No último momento díxenme que tal andaina iría mellor nun Pingas de Orballo.
Quizais a fama do Rosario das Antorchas a leve a fermosura do espectáculo das velas acendidas na noite pecha do Medo e, por suposto, a exhibición final dos fogos de artificio que, agora, ó seren de cores, aínda estenden e propagan máis ese espectáculo.
Mais, quitando esa fama e retrotraéndome á infancia, o Rosario das Antorchas pódese dicir que xa nos empezaba pola tarde, por aquela ansia de recoller axiña as vacas do monte, porque había que cear e prepararse para ir ó rosario. Os nervios consumíannos por se os pais nos mandaban facer cousas e máis cousas. Nós o que queriamos era coller o camiño do Medo, ir andando eses tres quilómetros e algo, ás escuras ou, como moito, cun chisqueiro amosando o camiño, e gastar bromas ante un suposto medo a que aparecese algo na noite pecha.
Tamén, quitando o significado relixioso do Día 8, este era un día que desexabamos desde meses atrás. Antes de existir isto dos festivos locais, en Baños de Molgas colliamos pola man ese día como festivo. Os preparativos do día anterior, ou de días antes, para xantar despois da misa principal pola contorna do santuario, á sombra dos piñeiros, eran de película: nervios pola proximidade do día, nervios pola comida, nervios pola vestimenta, nervios para encher as alforxas do burro...
Con respecto á comida, nunca esquecerei o desexo de que chegase axiña tal momento. Creo que era unha das dúas únicas veces -a outra era no Ano Novo- en que podía comer o roscón. A ver, naqueles tempos, todo o que producía un vendíao, e o que había que mercar estaba, por suposto, prohibitivo. O roscón levaba ovos, que tiñamos que deixar de vender —unha gran perda—; azucre, que tiñamos que mercar —non había con que—; e algúns ingredientes máis que, ou se vendían ou non había con que compralos.
Porén, para ese día, o esforzo dos pais era enorme e había un bocado especial para O Día 8.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Francisco Muro de Iscar
Sánchez no está derrotado
Chito Rivas
RECUNCHO HEBDOMADARIO
Dous días agardados
Víctor González
El autobús inglés
Jesús Prieto Guijo
LA OPINIÓN
Pregnancy? Just do it
Lo último
RECLAMAN MEDIDAS
El PP reclama al Gobierno un giro urgente en la automoción
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este lunes, 7 de septiembre
BANCOS MÁS ACCESIBLES
Los pensionistas reclaman a la banca servicios adecuados a sus necesidades