Luis del Val
Respeto... Miedo... O ridículo
TRIBUNA
Corría o mes de setembro de 1844 cando Fr. Benito Álvarez e Fr. Castor Pérez arribaron a Manila. Ambos formaban parte da mesma expedición de misioneiros franciscanos, unha das moitas que recalaron no arquipélago filipino trala exclaustración. Daquela as Filipinas aínda eran españolas. Ambos eran coristas, denominación que recibían os que xa remataran o noviciado, pero aínda non foran ordenados sacerdotes. E ambos eran de Cartelle.
De acordo co Catálogo biográfico elaborado polo P. Eusebio Gómez Platero a finais do século XIX, Fr. Benito Álvarez naceu en Cartelle o 26 de decembro de 1816, profesando en 1833. En Filipinas desempeñou importantes cargos dentro da súa congregación, chegando a ser presidente de San Francisco de Manila. Exerceu como misioneiro en Carranglán, onde faleceu o 9 de setembro de 1852.
Pola súa parte, Fr. Castor Pérez naceu en Cartelle o 17 de outubro de 1816 e profesou en 1834. En Filipinas estivo encargado de administrar as localidades de Umingan, Longos e Pangil. En 1858 foi elixido definidor provincial, falecendo en Manila o 25 de xaneiro de 1859.
Segundo recolle Fr. Félix de Huerta na súa obra Estado geográfico, topográfico, estadístico, histórico-religioso de la Santa y Apostólica Provincia de San Gregorio Magno (1855), o seu labor no municipio de Umingan excedeu a simple misión relixiosa para converterse nun verdadeiro líder local, impulsando a transformación económica e social da zona: “Desde 1848 en el mes de junio, hasta últimos de 1853 se han hecho las obras públicas siguientes, dirigidas todas por el incansable celo del R. P. Fr. Castor Pérez. Se fabricó la Iglesia con tres hermosos retablos y su correspondiente sacristía, la casa parroquial muy decente, un espacioso tribunal, una escuela de niños y otra de niñas, siete almacenes para oreo del tabaco, tres ramales de calzada que comprenden diez leguas, dieciocho puentes, y varias presas para el riego. Dicho P. Pérez dirigió también los desmontes para abrir casi todas las sementeras que cultivan, sacando a sus feligreses de los espesos bosques y ayudándolos a plantar sus casas en el pueblo, formando recias y buenas calles. Habiéndose concedido por el Superior Gobierno de estas islas la plantación del tabaco en esta provincia, el mismo P. Fr. Castor Pérez en persona dirigió, en los dos primeros años, la siembra y recolección de dicho ramo”. Ademais diso, realizou persoalmente unha prospección mineira na que conseguiu extraer “medio tael de oro en cuatro horas y media, para convencer a sus feligreses de que ellos poseían lo que otros buscan con afanes tantos”.
En 1851 consagra a igrexa parroquial de Umingan á Virxe María, na súa advocación da Inmaculada Concepción. Aínda hoxe, un dos barrios de Umingan leva o nome de Santa María, moi posiblemente en recordo da parroquia natal de Fr. Castor Pérez, Santa María de Cartelle. Resulta emocionante pensar que estas dúas localidades, Cartelle e Umingan, separadas por miles de quilómetros, manteñen un pequeno elo de unión grazas á memoria dun misioneiro que, hai máis de século e medio, levou consigo ata o outro extremo do mundo o nome da súa terra.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
CLÚSTER DE GALICIA
La meteorología aminora la caída de ventas de la pizarra en Valdeorras
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este viernes, 26 de junio