Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Llamada del CIS a las 20:58
PINGAS DE ORBALLO
Resolvín a ecuación nun amén. O asunto estaba en decidir se ía ou non ía a tal ou cal lugar. Co ben que se está na cama! Ante esta exclamación, calquera pode entender o meu proceder, a miña solución á sinxela ecuación: non ir.
Deixar caer a cabeza sobre a almofada, pechar os ollos e soñar esperto non ten prezo. E, se non, sempre queda a opción de coller un libro, imaxinar os personaxes, percorrer os lugares, vivir as situacións sen necesidade de mover un pé. Outra gozada.
Ir ou non ir. Permanecer entre unhas sabas brancas, sabendo que podo vivir sen me mover. Saber que podo durmir, pechar os ollos e, cando me apeteza, abrilos de novo para contemplar o silencio. Porque o silencio tamén se pode ver. E, ás veces, mesmo se pode apalpar.
Desde a cama, o universo é cadrado. As ideas bailan ó ritmo de Zorba, o grego, e a imaxinación bule por entre as flores desas plantas que non sei nomear, pero que son fermosas, moi fermosas. Desde a cama tamén podo planear, proxectar unha andaina pola Devesa da Rogueira, por exemplo; percorrer co pensamento os seus camiños, subir polas súas sombras, sentir o rumor da auga sen saír de entre as sabas.
Porque desde a cama, e na cama, pódense facer moitas cousas: reais, espirituais, imaxinarias. Pódense vivir mentres estamos espertos e tamén mentres durmimos.
Desde a cama, as conversas flúen e aboian por riba dos sentimentos que semellaban durmidos, pero que, de súpeto, estoupan en latexos que mesmo mancan no peito. Hai palabras que saben atopar camiños que levaban tempo pechados. Hai silencios que din máis ca unha conversa enteira. Agora que cada quen soñe co que lle conveña.
Ir ou non ir. A ecuación resólvoa nun alustro: desde a cama, a liberdade está nos pensamentos. E que mellor lugar para os anhelos, para os desexos, para todo aquilo que aínda non aconteceu? Quizais por iso, ás veces, non ir sexa tamén unha maneira de viaxar.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Llamada del CIS a las 20:58
Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
La bola negra
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Pericot, mestre do mestre Cuevillas
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE OTOÑO
Los amores y los odios del pasado compartido
Lo último
Tensión en el Pacífico
Corea del Norte ensaya un misil balístico hacia el mar de Japón
SIN PERSONAS BAJO LOS ESCOMBROS
Vídeo | El derrumbe de un bar en La Rioja deja 12 heridos y obliga a rescatar a decenas de personas