A educación na política

O AFIADOR

Publicado: 15 feb 2026 - 03:35
Opinión en La Región
Opinión en La Región | La Región

Da a impresión de que a capacidade para a convivencia respectuosa está en horas baixas. Da a impresión de que hai xente, cada vez máis, que se sinte máis cómoda pondo problemas para entenderse cos demáis, que esforzarse en buscar o punto onde a armonía é posible. É unha situación pouco entendible, en tanto que costa o mesmo traballo usar unha actitude que a outra e, en cambio, a segunda aporta moitos máis beneficios de todo tipo, mentras que a primeira só consigue amargar a existencia aos demáis e tamén a quenes cultivan a diferencia, cando non a bronca.

A política é un espello da sociedade na que vivimos, aínda que tal vez deberíamos botar unha pensada se ás veces non ocorre ao revés, posto que os profesionais da política son tamén referentes nos seus respectivos ámbitos de actuación e, polo tanto, as sua forma de conducirse irradia pautas susceptibles de ser imitadas por un sector da cidadanía. De entrada, non está mal que así sexa. O problema estriba en que hai xa tempo que a política deixou de ser autoestrada modélica para a transmisión de valores que inviten a ser mellores e a consolidar unha atmósfera de entendemento e respecto aos dereitos dos demáis. O normal é xa o contrario: a bronca permanente e o hooliganismo aclamador, en función de si o branco de tal comportamento é o rival político ou o amado líder de turno.

Lage Tuñas é un profesional da política, na que empezou casi cando os nenos pensaban na primeira comunión

Lamentablemente, vendo o sucedido no último pleno do concello de A Coruña entre un concelleiro do PP e o número dous do equipo de Inés Rey, as actitudes pouco edificantes non son patrimonio exclusivo do Congreso dos Deputados. A cousa reventou cando o popular Antonio Deus acusaba a Lage Tuñas de presuntas irregularidades en obras domésticas particulares e este respondeu cun sinvergonza multiplicado. A cousa acabou co PP abandonando o pleno e a alcaldesa suspendendo a sesión, coa esperanza de que con xantar polo medio se calmaran os ánimos.

Lage Tuñas é un profesional da política, na que empezou casi cando os nenos pensaban na primeira comunión. Dín que no seu dilatadísimo currículo partidario abondan máis as referencias a liortas internas e externas que as suas apelacións ao entendemento. De feito, non dubida en liquidar a quenes vaian fóra da sua línea estratéxica. Con todo, ten suma habilidade para cair de pé nas etapas de adversidade. A última, a acusación de acoso laboral a unha concelleira do seu grupo, xunto coa alcaldesa, sin que o secretario xeral do PSdeG se dese por enterado, tal vez por ter centrados todos os seus esforzos na defenestración do alcalde de Barbadás que, sin embargo, sacou da Corporación ao presunto acosador sexual dunha concelleira.

Contenido patrocinado

stats