Sonia Torre
UN CAFÉ SOLO
Dos mundos
Calquer balón ou pelota, ó ser golpeada, describe unha determinada traieutoria que está determinada polo punto de golpéo e polo ángulo con que se aplica iste. Dependendo do material, o tamaño, a consistencia io peso da bola e mais da forza aplicada no golpéo, pódense acadar infindade de traieutorias, que é o que se coñece por efeuto. Poderíase dicir que o virtuosismo, niste eido, consiste no dominio dos efeutos e no "temple" do impulso necesario para conquerir o ouxetivo buscado, mesmo como acontece por exemplo, no exercicio do golf ou do billar.
O xogo dos efeutos por excelencia é o billar, ainda que é moi importante, poderíase dicir, en todolos xogos praticados con pelota ou balón, como é o caso do fútbol.
No billar, o xogador emprega o taco pra impulsar a bóla, dándolle a traieutoria desexada, ou reuta (sin efeuto) ou elíptica, ou con avance ou retroceso, e tén infindade de puntos aplicación en toda a súa superficie. Si temos en conta que un mesmo punto de impauto do taco tén moitos ángulos de ataque, poderíamos dicir que a variedade de efeutos posibles é infinda.
No fútbol, o xogador emprega o pé a modo de taco, e dispón de toda a superficie do balón que vé (anterior) pra búscalo efeuto adecuado, polo que é unha sorte do xogo que debería ser doada de dominar por parte dos xogadores. Mais non debe de ser así, cando tan poucos destacan niste apartado e cando certos comentaristas adxetivan algunas xogadas, nas que o efeuto tivo certa importancia, como "detalle téunico" ou "pra enmarcar" ou cousas parecidas.
Eu coido que pra ensinar ós rapaces que comenzan nisto do fútbol o xeito de aprender os efeutos, o mais doado sería ensinalos a xogar ó billar. Por certo, tampouco lle viría mal a certos comentaristas.
Coido que, nas concentraciós dos equipos, unhas partidas de billar serían un xeito de aprender xogando e, desde logo, con bastante mais froito do que coa Play Station.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
CUATRO O CINCO SEMANAS
Trump dice que la guerra está “prácticamente terminada”
GUERRA EN ORIENTE MEDIO
La posible intervención del G7 frena el alza del petróleo
ARRANCA LA COMPETICIÓN
Galería | El judo arranca una edición más de su Copa Diputación
CONTRA LA SOLEDAD NO DESEADA
El poder de una charla y una sonrisa en Ourense: nadie debe estar solo