Evelio Traba
LEER ES UN PLACER
En busca del detective salvaje
DENDE SEIXO-ALBO
Os dous termos son distintos, mais coinciden en certos sectores sociais da sociedade. E percíbense máis nas capas conservadoras, pois ata parece que se complementan. Falando nunha linguaxe coloquial, aqueles que son moi estirados e de alta alcurnia sempre lles gusta ter xente que os obedezan e lles cumpran os seus mandatos, veleidades e caprichos. Os que acatan, persoas máis humildes, entenden que adorar e servir a un poderoso, aínda que este sexa un narciso e un abusón, lles pode dar seguridade para o seus negocios e o seu prestixio social. O asunto ten certa similitude a unha relación paterno filial, e indo máis lonxe, garda certa comparanza coas relacións feudais.
Ás veces chócame ver que chegan ó poder tolos e persoeiros disparatados que son apoiados polas masas máis humildes, e logo pasa o que pasa e levan un fracaso máis as súas costas"
Hai uns días, co nomeamento da Real Academia Galega do escritor a homenaxear para as Letras Galegas do 2027, Xosé Neira Vilas, veume á memoria o abusón do que se queixaba o rapaz Balbino, protagonista dese fermoso libro que debuxa á perfección o mundo rural dos anos sesenta, “Memorias dun neno labrego”. Claro, era o fillo do cacique e mandaba en todos os rapaces. E a ver quen lle tusía. Pois ben, no mundo que nos tocou vivir chegou ó poder un abusón, un cretino, un narciso e un ególatra que pensa que a Terra xira porque el é o que a fai xirar, e nesas estamos. Un home que di unha cousa e logo a contraria en menos que canta un galo. Un home ó que lle gustas moito que lle fagan gabanzas e reverencias e que sempre o adulen. Mais o que a min me choca é que na nosa Península están os que se din patriotas, si; os que, envolvéndose na bandeira roxa e amarela como se fose soamente deles, rinlle as gracias a un señor que non dubida en meterse en asuntos deportivos como o dunha tarxeta roxa a un xogador do seu país. Semella que estamos dinte un neno grande e caprichoso que ten que facerse ver por onde pasa, se non, non queda satisfeito.
As veces penso que mediante as urnas chegou ó poder un charlatán de feira, un tolo, un predicador barato; un persoeiro ó que os patriotas lle rin as súa chocalleiras chanzas e ameazas, esquecendo que os ianquis foron os que con artimañas falsas e lanzando lendas escuras nos expulsaron do Caribe, ou lle roubaron a terra ós mexicanos. Pena me dan os que soamente ven o mundo polo ollo de facer negocios para el e os seus poderosos compañeiros. Trump é un supremacista que, presumindo de país, comeza guerras onde lle peta e pídelle ós demais que o acompañen na súa loucura. Ás veces chócame ver que chegan ó poder tolos e persoeiros disparatados que son apoiados polas masas máis humildes, e logo pasa o que pasa e levan un fracaso máis as súas costas.
Neste mundo tolo que camiña con moita presa, mandan persoas que comezan a seren repelentes ademais de seren un perigo para a humanidade. Corren tempos moi incertos onde tanta técnica non nos deixa distinguir o grao da palla, ou o certo do falso. Trump e outros semellantes a el son a faciana dun poder e dun egoísmo que non ten límites. Son a imaxe da deshumanización da política e da ambición que hoxe nos invade. Por iso, os ególatras e narcisistas pensan que son os amos do mundo, cando o que sofren é unha patoloxía que os invalida para mandar, pois as súas veleidades lémbranme a historia que reflexou Chaplin en “O gran ditador”. En fin, o triste é que a egolatría e o narcisismo chegaron ó poder nun momento de cabreo apoiado por moita xente que, en certa medida, se converte en servil dos caprichos dun tirano. Velaí a relación entre egolatría e servilismo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Evelio Traba
LEER ES UN PLACER
En busca del detective salvaje
Chicho Outeiriño
DEAMBULANDO
El Castrum Marítimum más impactante, y lugares que podrían evocar a La Odisea
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
La toma de Tenochtitlan
Luis Carlos de la Peña
MI PLAN PERFECTO
Una jornada en Baiona
Lo último
REPARTOS "SIN DATOS CIERTOS"
Galicia "cumplirá la ley" en el reparto de menores migrantes, pero demanda planificación y financiación