Manuel Herminio Iglesias
DENDE SEIXO-ALBO
A egolatría e o servilismo
TÍA MANUELA
Cadaquén que pense o que queira, pero para a maioría non hai tampo para nada. Non poden repensar o pensado, non poden ver o que viron, non poden ir a onde foron, nin ler o que leron, aínda que non lembren que era aquilo que tanto lles gustara. Vostede, por certo, recorda cal foi o primeiro artigo que leu desta “Tía Manuela”? Os lectores son do mellor que hai; do mellor que hai no xornalismo, nos parladoiros, na barra do bar e na mesma mesa da biblioteca ou da sala de investigación.
Aquí, en Galicia, temos enorme respecto ás grandes orquestras, ás de máis tradición, a Compostela, Los Satélites ou Miramar; e ás máis novas, como a Panorama, París de Noia, El Combo Dominicano, Suavecito ou Olympus de Negreira"
Os espectadores son o mellor do bo teatro. E os autores, que son? Regulares, bos, boísimos ou malos (nunca malísimos). Son os traballadores do teatro, eficientes na demanda da liberdade, desa liberdade que tanto necesitan os homes de ben, as mulleres de ben e os pobos de ben que queren ser libres. Liberdade para falar, para escoitar, para actuar, para ser e para andar.
Pero, coidado! Novoneyra do Courel, e poeta de Galicia e internacional, dicía que “de tanto calar xa falo solo”. Moitos da terra e da época de Uxío Novo Neira, de Parada de Moreda ou de calquera outra das paradas de Galicia, saben do valor do silencio, aínda que sexa para falar, para orientar e para dirixir ás multitudes, a esas multitudes que se xuntan e están, a pé firme, diante de calquera orquestra de verán, con playback ou, nalgunhas ocasión, sen el.
Aquí, en Galicia, temos enorme respecto ás grandes orquestras, ás de máis tradición, a Compostela, Los Satélites ou Miramar; e ás máis novas, como a Panorama, París de Noia, El Combo Dominicano, Suavecito ou Olympus de Negreira. Estas, e moitas outras, andan polo mundo e os campos das festas, con camións de tres ou catro eixes, rodando, cantando, interpretando. E, o seu público, bailando e gozando.
Non hai tempo para nada! As festas son desta época, cando veñen os emigrantes, os nosos emigrantes que se foron e, para ben de todos, volven cada ano. Aquí están, verán tras verán, como testemuñas firmes, para dicirlle ao mundo que Galicia existe, que é a súa e a nosa patria, a patria da alegría e de tódolos cidadáns que precisan amparo e acubillo.
Prezadas lectoras e prezados lectores, neste ano, se poden non perdan a festa. Acudan á sesión vermú, falen coa veciñanza, vaian xantar e volvan pola tarde e á verbena. Xa o di a tía Manuela, “ao verte bailar, neste tempo, o pobo é feliz”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Manuel Herminio Iglesias
DENDE SEIXO-ALBO
A egolatría e o servilismo
Luís Celeiro
TÍA MANUELA
Neste tempo, o pobo é feliz
Julia Navarro
A propósito de Trump
Jenaro Castro
MORRIÑA.COM
La marca "number one"
Lo último
"GRUPO MOTOR"
El Arenteiro se desangra
RECUPERACIÓN PATRIMONIAL
Bande consolida la rectoral de Santa Comba como referente turístico rural