Arquitectura popular
Eiras comunais
Arquitectura popular
A eira é una dependencia adxectiva presente en case todas as casas vivenda da nosa Galicia rural. Nela tivo lugar, noutro tempo, unha das tarefas agrícolas máis importante e de maior contido tradicional como o foi a malla dos cereais que fornecen ás comunidades labregas de pan para o alimento das persoas e de palla para os animais.
O termo eira é o máis utilizado en Galicia aínda que ten como variante dialectal o de aira utilizado en moitas comarcas de Lugo e Ourense; nembargante, nalgunhas zonas úsase indistintamente o termo eira o aira.
A Eira consiste basicamente nun espazo arquitectónico ó aire libre, o máis chairo posible ca superficie terrea alisada ou cuberta con lousas de granito que é a mais duradeira, segundo o chan o se asento, adoita diferente formas a cuadrangular, as máis abundante, a redonda e as de forma irregular sendo as súas dimensións diversas dependendo da magnitude do terreo.
No decorrer dos séculos foi un dos lugares de traballo máis ligados ca casa cumprindo o seu cometido principalmente no decurso do mes de agosto, cumprindo o resto do ano con diversos e variados fins: secar as castañas, fabas, froita, cabazos, esfolla lo millo seca da roupa, et.
A Eira utilízase en función do tipo de propiedade segundo sexa esta de carácter privado ou comunal situándose a primeira moi preto da casa vivenda, na súa parte traseira ou contigua ó hórreo e palleira, namentres que cando é comunal atópase nun terreo de todos ou ben no centro ou nun extremo da aldea estando, en ambos casos, asentada en lugares aireados desprovistos de árbores que dificulten a acción do vento necesario para aventa lo gran atopándose frecuentemente ó seu redor unha agrupación de hórreos.
Previamente ó uso da eira realízase a operación denominada “face la eira” consistente en rapar a herba mediante vasoiras de xestas ou codesos para axiña cubrila cunha capa mestura de bosta de vaca e auga que, unha vez seca, dálle á superficie unha grande consistencia.
A malla realízase manualmente cunha peza de madeira mediante unha ringleira de homes que baten compasadamente o centeo baixo o ritmo que lles marca algunha canción de carácter popular.
A propiedade da eira, como xa dixen, pode ser de carácter privado ou comunal esta última coñecida polo nome “eira de todos” foi obxecto da propiedade colectiva sendo o seu uso no tempo das mallas sometido a un réxime estipulado entre os veciños mediante quendas establecidas.
Actualmente, a situación das eiras sofren unha grande precariedade xa que a actividade da malla, co emprego das máquinas malladoiras esmorecendo esta interesante actividade agraria desaparecendo, a grande maioría delas, comestas pola vexetación e o abandono só utilizándose agora en determinadas datas como lembranza do seu uso por xentes da comarca como festa folclórica na que se revive as tradicionais mallas doutro tempo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
26 CONCELLOS SIN ESCUELA
Incentivos económicos para evitar el cierre de colegios en Ourense: ayudas de hasta 500 euros
ESTÁ EN PRÁCTICAS
Detenido un policía local de Ourense por golpear a su novia en Cangas