José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Esperanza de vida dos lexionarios romanos en Hispania
DIARIOS DO PASADO
As lexións romanas foron a espiña dorsal do exército mais poderoso e organizado na antigüidade europea. A disciplina e estratexias, sobre todo despois das reformas de Mario -tío político de Xulio César- no s. I a. C., fan que a nivel popular e noutros foros, se sitúen entre as mellores unidades militares da historia. Quizais por iso esta maquinaria bélica, xunto a unha administración capaz e medios de comunicación eficaces, permitiu primeiro expandir e logo sustentar o imperio durante centurias, xerando unha nutrida bibliografía tanto de divulgación como especializada.
Precisamente un dos libros que estou a ler agora é “El ejército romano en el norte y noroeste de Hispania”, de E. Pitillas Salañer, publicado en 2010. Un apartado que me chamou poderosamente a atención é o que dedica á idade de falecementos destes militares ao servizo de Roma. O autor realizou un estudo sobre a idade de morte baseado en epígrafes funerarios de 125 soldados hispanos procedentes de distintas unidades e unha cronoloxía ente os ss. I e III d. C. A mesma obra cita, con afán comparativo, non menos interesantes traballos de coñecidos especialistas que buscan achegarse á esperanza de vida dos hispanorromanos dous mil anos atrás. Así, xa nun agora lonxano 1967, o historiador A. García Bellido intentaba estudar a idade de morte na Hispania romana a partires de duascentas inscricións funerarias, cen da Cornixa Cantábrica, dende a Gallaecia ao chan vascón, e outras cen na Baixa Andalucía. Os resultados ofrecían unha media que rondan os 40 anos -40,73 no sur e 40, 03 no norte-, cifras que serán moi útiles para valorar a esperanza de vida na milicia lexionaria. Quizais tales datos aínda cobran máis valor porque, no dicir de Pitillas, “...García Bellido para su estudio no se sirvió de lápidas militares por constituir esta una profesión de mayor riesgo”, como tamén prescinde de nenos ata os dez anos para evitar a incidencia estatística da mortalidade infantil.
Se ben extraer datos deste tipo a partires de mostras tan reducidas ten un risco evidente, Pitillas Salañer. a partires dos citados 125 casos de militares falecidos, proporciona os datos moi relevantes. Deste xeito a aínda que os resumimos moito, vemos que a porcentaxe máis alta de decesos dase entre os 31 e 35 anos. Sen embargo a media global numérica é de 38,5 anos para o falecemento, tanto dos lexionarios como doutros corpos auxiliares que tamén inclúe o estudo, o que parece distar pouco da esperanza de vida da poboación civil que nos ofrecían investigacións precedentes.
Ben ´é certo que os datos admiten outras lecturas, como a relativa tranquilidade das forzas acantonadas en Hispania despois da conquista de Augusto, caso da Legio VII Gemina, única existente no territorio á morte de Traxano. Ou a vida que puidera deducirse máis tranquila dos lexionarios da Legio III Augusta, destacada no norte de África, coa sorpresiva idade de morte de 46,9 anos, segundo os case 400 epígrafes estudados desta unidade militar. Tales datos parecen entrar en contraste evidente cos de outras unidades combatentes na belicosa Xermania, con medias de 35,1 anos de idade de morte.
Non é fácil concluír cos números que se nos ofrecen nos estudos, pero tratándose dunha profesión de risco, aquí non parecen diferir moito da poboación civil, e este loable intento de Pitillas Salañer pode aproximarnos á idea dun tema complicado.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Esperanza de vida dos lexionarios romanos en Hispania
Luis del Val
Si yo fuera ceutí
Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
No fuimos tan malos
Fernando Gil
TU FARMACÉUTICO INFORMA
Análogos del GLP-1: un medio, no un fin
Lo último
SIETE OPERADORAS AFECTADAS
La avería en la red fija de R en Ourense dura ya más de 24 horas
PODCAST Y VÍDEO
El primer café | Sábado, 15 de agosto