Berto Manso
LA OPINIÓN
La zona, el territorio Gill
Faláranme moito del; incluso cheguei a coñecelo persoalmente. Quincalleiro ambulante, cumprimenteiro con todos, alegre sempre, pillabán empedernido, devecía polos rixóns de porco; e, por máis que natural de Sanabria, un avantaxado bailarín da muiñeira. Que así era o personaxe.
Tiña por nome Jacinto pero case todos o coñecían por "Estupendo Marabilloso" por ser o engadido que a miúdo empregaba nas súas valoracións, viñese ou non viñese a conto. Se alguén dicía: "Mañá poida que chova"; enseguida saía el co de ¡estupendo, marabilloso! Que viña a ser a mesma saída que lle daría a outro que dixese o contrario. Se unha muller dicía: "Este ano hai moitas leitugas pero poucas patacas", pronto engadiría el: ¡Estupendo, marabilloso! Idénticas palabras que empregaría se outra dixese "Este ano hai poucas leitugas pero moitas patacas".
Pois ben, ante a confusión de datos de emprego que na actualidade se está a dar na nosa provincia (que uns consideran aceptables e outros desastrosos), as palabras máxicas do señor quincalleiro seguro que deixaría as cousas moito máis claras, e todos contentos. Nun formato que, máis ou menos, podería ser así:
No conxunto de España, e en relación co ano anterior, o paro baixou en 541.700 persoas no ano 2016. ¡Estupendo, marabilloso!
Tal e como como recollía vai uns días o noso xornal, os axentes sociais consideran malos os datos de emprego da nosa provincia. ¡Estupendo, marabilloso!
Taxa de ocupación da provincia da Coruña: 55,21%. Taxa de ocupación da provincia de Pontevedra: 53,9%. Taxa de ocupación da provincia de Lugo: 50,45%. Taxa de ocupación da provincia de Ourense: 48,45%. ¡Estupendo, marabilloso!
Taxa de paro da provincia da Coruña: 14,49%. Taxa de paro da provincia de Pontevedra: 18,47%. Taxa de paro da provincia de Lugo: 13,75%. Taxa de paro da provincia de Ourense: 19,24%. ¡Estupendo, marabilloso!
Todo moi claro. Ademais, estupendo e marabilloso.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Berto Manso
LA OPINIÓN
La zona, el territorio Gill
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Muerte de Molière
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Medio lunes
HISTORIA DE UN SENTIMENTAL
O día que coñecín a Alonso Montero en Ventosela
Lo último