Xoán Antón Pérez-Lema
As especifidades da crise da vivenda na Galicia
DENDE SEIXO-ALBO
Un xa está afeito a escoitar os excesos, burradas e exabruptos do alcalde desta cidade. Por tal razón xa non me sorprendese o que acontece no Concello de Ourense. Gonzalo móvese moi ben no seu terreo, ou sexa, na verborrea populacheira e no lodo. Ás veces penso que o fai aposta e que o provoca, pois é a súa forma de camiñar pola vida. A provocación ven sendo a mellor arma de defensa que ten. Ademais, el entende que o Concello é a súa tenda particular e nela fai o que lle peta, pois os outros nove asenten porque vailles ben. Así que a desfrutar mentres dure esta viaxe a ningures. E os demais grupos, ate semella que algún rille as grazas, pois primeiro aprobáronlle modificacións de creto, cando el estando na oposición trataba a todos como se fosen uns parvos ou ineptos e votaba sempre en contra delas.
Pois ben, no último pleno quedouse no salón xunto cós seus. Os demais fuxiron cabreados pois chamoulle etarras ós do BNG e tamén os populares, e, por extensión, terroristas. Ben sei que este señor pode dicir o que lle pete que a cidadanía xa non se asusta e percibe o asunto con frases que o xustifican: é un arroutado, que lle imos facer.
O certo do asunto é que a día de hoxe, tendo ás portas as municipais do 2027, a oposición, e sobor de todo os populares que o puxeron na alcaldía e que lle sacaron as castañas do lume moitas veces, xunto cós do PSOE que lle axudaron incluso nos recentes presupostos, hoxe camiñan un tanto desnortados, pois lembran o dito: “O que con rapaces de acosta...”, xa vostedes intúen o final do refrán. Pois ben, estes que saíron cabreados do salón de plenos seica se xuntaran para falar. E digo eu, de que? Non viran agora coa ocorrencia de facer unha moción de censura?
Esta comedia lémbrame un dos contos do conde Lucanor a Patronio. Si, aquel home que casou cunha muller moi brava e para facerse valer matou o can e a un cabalo. Mais, como non soubo imporse ó comezo, todo aquelo non valeu de nada. Xa sei que é un conto que, a día de hoxe, se consideraría machista, mais como exemplo pode valer, dado que houbo un tempo no que todos os que hoxe son oposición puideron arredar da alcaldía a Jácome e non foron capaces, uns por pedir o imposible e outros por non facer a política e poñer na alcaldía a outra persoa.
Na política, aínda que a xente é soberana cando elixe, os erros dos que o puxeron na cadeira de mando e os que por mor de manterse no poder pactaron con DO, pagámolos todos a medias. Isto que é así lévame a pensar, ou mellor a intuír, que tristeiro futuro lle espera ó Concello de Ourense despois do mes de maio do vindeiro ano. Claro, a non ser que os cidadáns dean un xiro copernicano para tentar endereitar e recompoñer a decencia nunha institución onde, por desgracia, todo camiña mal ou moi mal.
O insulto nas institucións xa se normalizou, os berros son norma nos plenos, non se discuten propostas serías e esas xuntanzas semellan discusións de bar de copas. Mentres, o que lle importa ós cidadáns de Ourense pasa a un segundo plano ou evítase aposta. Malo cando só se acorda un da oposición para pagar os pufos e as obras e servizos que se adxudicaron sen ter partida orzamentaria. Eso sona a chantaxe, como dixo o Sr. Seara. En fin, tristeiro futuro lle espera nas próximas eleccións municipais a esta cidade. E se non, ó tempo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xoán Antón Pérez-Lema
As especifidades da crise da vivenda na Galicia
Óscar Paradelo
TRIBUNA
E se o monte fose unha biblioteca?
Manuel Herminio Iglesias
DENDE SEIXO-ALBO
Etarras!
Ángel Mario Carreño
REFLEXIONES DE UN NONAGENARIO
Donde dije digo, digo diego
Lo último
INFANCIA ENTRE RESPONSABILIDADES
Margarita cumple 102 anos en Pinza tras unha vida de traballo, familia e números