Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
El eclipse en la puerta del Froiz
¡BUONES VISIONI!
Érase unha vez unha gran serie...’’. Poderíamos empezar así. Un conto prometedor que se transforma nun pesadelo, un namoramento repentino que se converte nunha relación tóxica. Cantas series nos engancharon, nos entusiasmaron para logo decepcionarnos na terceira, se non xa na segunda tempada? Estou seguro que cada un terá un listado máis o menos longo. O mercado das plataformas, baseado na sobreexplotación do ‘‘produto’’, está a derribar sistematicamente as nosas ilusións como espectadores – incluso de forma máis rápida ao que nos acostumou Hollywood desde sempre coas secuelas.
A última gran decepción chegou coa terceira tempada de “Euphoria” en HBO Max. Estreouse no mes de xuño, despois de catro anos de espera.
“Euphoria” foi unha serie sorprendente. Inspirada libremente nunha obra israelí co mesmo título do 2012, trasladouse aos Estados Unidos por man de Sam Levinson. A través dunha visión multiprospéctica, explícita, e bastante alucinada, Levinson mergullabase nas emocións e nos pensamentos máis fondos dun grupo de estudantes de instituto. Unhas mozas e mozos que tiñan que enfrontarse a temas recorrentes da súa idade como as drogas, o sexo, a violencia, os problemas de identidade, os conflitos familiares, as redes sociais, o amor ou a amizade. “Euphoria” describía unha perdidísima Xeración Z e tiña como fío condutor o personaxe de Rue Bennett (Zendaya). Pero Rue non era a única protagonista desta serie. O punto de vista ía pasando a testemuña dun personaxe a outro, poñendo sempre o enfoque sobre as obsesións de cada un, nun xogo de espirais que levaba o espectador a dar voltas como un barco no medio dun remuíño.
O éxito planetario da primeiras dúas tempadas, desembocaron curiosamente cara a unha ruela sen saída. O papel do creador Sam Levinson foi decisivo. “The Idol” firmada no 2023 polo mesmo autor en coprodución por Abel Tesfaye, tiña que ser outro gran éxito de HBO Max, pero, a pesar da súa estrea oficial no Festival de Cannes – sí, no mellor festival de cinema do mundo – deu vergoña allea e non deixaba presaxiar nada bo. Os problemas de Levinson coa directora - abandonou o proxecto cun 80% de rodaxe avanzada - as modificacións radicais do guión orixinal e as graves acusacións sobre o ambiente de traballo, foron as mesmas dinámicas tóxicas no que se viu envolta a terceira tempada de “Euphoria”.
Máis aló destas controversias detrás da cámara, o que máis resulta impactante desta última tempada é o cambio de rexistro narrativo e visual. Como pasou en “The Idol”, Levinson divertiuse sadicamente en torturar os seus personaxes ata as extremas consecuencias. Fora do instituto, na vida real, parece que as únicas ferramentas para sobrevivir son os seus corpos ou dedicarse ao tráfico de drogas. Pero incluso máis aló disto, esta terceira tempada afástase das anteriores por ser un western extravagante e sombrío. Parece unha parodia casposa e sen gracia do cinema de Tarantino e Rodríguez. Capítulo tras outro van acumulándose extravagancias, un sen fin de situacións bizarras, violentas, degradantes e sexualmente turbias. O último capítulo, coa súa abrupta volta de tuerca relixiosa, confirma o célebre dito que se algo vai mal, irá a peor. Enfocando a bandeira dos Estados Unidos ao estilo “Salvar al soldado Ryan”, Levinson propón o cristianismo como a única solución posible para redimir unha Nación salvaxe. Pero aquí no se salva ninguén. É a disforia máxima, a peor despedida doutra serie empezada ben.
O Clúster do Audiovisual Galego abríu o prazo de inscrición de proxectos para a 20ª edición do “I+P, Ideas para Producir”, un dos foros profesionais do audiovisual orientado a impulsar o financiamento, a coprodución, a venda e a distribución de iniciativas de cine e televisión. A cita celebrarase os próximos 26 e 27 de novembro no espazo Coruña Estudio Inmersivo (CEI). Un comité de expertos elixirá 18 proxectos. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 30 de setembro. Podedes atopar as bases na páxina web do Clúster do Audiovisual Galego.
Los estrenos de esta semana en los cines llegan encabezados por “El final de Oak Street”, “Marsupilami” y “En Mar Abierto”, ofreciendo a los espectadores una variada selección que abarca desde la aventura fascinante y el entretenimiento familiar hasta el suspense más intenso. Entre las novedades destaca especialmente “El final de Oak Street”, una apasionante propuesta de aventuras pensada para cautivar a todo tipo de públicos.
Para el público infantil y la familia, la cartelera suma la divertida llegada de “Marsupilami”, una entrañable y colorida opción llena de humor a la que se unen las aventuras de “La Patrulla Canina”, la magia de “Vaiana” y la diversión de “Minions & Monsters”. Por su parte, los amantes de la emoción pura podrán sumergirse en la tensión de “En Mar Abierto”.
La oferta en las salas de cine se completa con “Spider-Man: Brand New Day”, la espectacular superproducción de ciencia ficción que se proyecta con la máxima tecnología de sonido en formato VIP Dolby Atmos, el gran despliegue de aventuras de “La Odisea”, y los momentos de risas aseguradas que aportan comedias como “Tres de Más” y “El Último Mono”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
El eclipse en la puerta del Froiz
Simone Saibene
¡BUONES VISIONI!
"Euphoria": como estropear a unha serie
Itxu Díaz
USOS Y COSTUMBRES DEL VERANO
La verdad sobre el turismo rural
Fernando Ramos
El indecente veraneo del presidente del gobierno
Lo último
JUNTA DE GOBIERNO
El Concello autoriza reformas por más de un millón de euros
"NON RESPONDE ÁS NECESIDADES"
El BNG aboga por llevar el vial del CHUO hasta Barrocás
TRAYECTORIA DE LOS FICHAJES
Más amenaza y menos músculo para el COB