Evidencias da resurección

DESCUBRINDO A BIBLIA EN OURENSE

Publicado: 03 jul 2026 - 01:10
La Región

“Cando dixo isto, ensinoulles as mans e os pés”

(Lucas 24:40)

Ninguén cría que Xesús resucitara, nin siquera os seus propios seguidores. En parte era normal, xamáis acontecerá nada semellante! Pero cando Xesús apareceu no medio deles, déulles a proba de que era el mesmo: ensinoulles as súas mans: mans traspasadas na cruz, mans extendidas para salvarnos.

oxe, as mans de Xesús seguen a ter os sinais do seu sofremento por nós

En Xesús a gloria de Deus tocou e abrazou o ser humán, homes e mulleres restaurados, curados, salvados, tocados polo agarimo do Creador… pero desgraciadamente, a gran maioría reaccionaron rexeitándoo, e clavando esas mans, as mans que reflectían a gloria de Deus, nunha cruz.

Hoxe, as mans de Xesús seguen a ter os sinais do seu sofremento por nós. Por toda a eternidade veremos esos sinais, para que xamáis esquezamos que o amor de Deus é o máis impresionante que podemos coñecer. Un amor que o transforma todo.

Contenido patrocinado

stats