Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada Ourense: Cómo ser profesor y no morir en el intento
PINGAS DE ORBALLO
Clasifiquei a existencia en tres puntos, tres fases, tres períodos: nacer, vivir e morrer. Así, moi simple e moi sinxelo. Claro que, cada fase, ten os seus conceptos, o seu aquel. Para nacer hai que facer o que hai que facer. Vivir... ufff, vivir, o esencial é vivir; pero aquí xa se complica moito a materia da existencia. O de morrer é máis fácil: punto final.
Morrer é deixar de sentir o tempo, de percorrer os días, de esquecerte das circunstancias e de rematar as horas
O de nacer depende moito dos días, das circunstancias, dos tempos, mesmo das horas. Aínda que todos sabemos que nacer é soamente comezar a morrer. O de vivir que son dous días é un dicir. Eu levo xa 23.354 días. Que se escriben pronto e se din máis rápido aínda, pero, á hora da verdade, son moitos días de cristo. Días nos que pasa de todo e, en algúns, non pasa nada aínda que se viven igual. Días secos e mollados. Días soleados e con xeadas. Días entretidos e aburridos. Días de risas e bágoas. Días nos que as flores dos toxos brillan e as nubes pingan.
O de morrer... Morrer é lanzar o derradeiro suspiro e rezar ou cantar un requiescat in pace, un responso por un mesmo. Certo, logo de morto non hai responso posible. Morrer é deixar de sentir o tempo, de percorrer os días, de esquecerte das circunstancias e de rematar as horas. Morrer é deixar todo por facer.
Dicía Goethe que a existencia dividida pola razón deixa sempre un resto. Os recordos? Tamén dicía Vladimir Nabokov que a existencia é unha serie de notas a pé de páxina dunha obra mestra vasta, escura e inacabada. Polo de agora, existo e... vivo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada Ourense: Cómo ser profesor y no morir en el intento
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
El alcalde que no quiere suelo industrial
Brais Iglesias
ZONA NEUTRAL
El asiento vacío
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
El ourensano que preside la bienal de cartelismo más reconocida del mundo
Lo último
COMUNICADO POR REDES SOCIALES
Trump afirma haber alcanzado un acuerdo con Irán y cancela los bombardeos previstos para esta noche