Jesús Prieto Guijo
LA OPINIÓN
Parricidio en El Palmar
ARTE ET ALIA
O evento cinematográfico do OUFF (acrónimo de Ourense Film Festival) rematou fai semanas mais queda eco da edición trinta na mostra que está a piques de rematar na sala principal baixa do CCMV (Centro Cultural Marcos Valcárcel). A nova equipa que relevou a Miguel Anxo Fernández e Aurelio Gómez, que foron quen de coller o leme, ou temón, do esmorecente festival municipal que absorbeu a Deputación, relanzándoo coa inestimable axuda da Fundación Carlos Velo, engadiu desta volta un logotipo, deseño de Miguelanxo Carvalho.
No canto da exposición, que viña sendo a actividade paralela máis salientable, pódese dicir que está lonxe do nivel de pluralidade até agora acadado. Así a modo de exemplo as do pasado ano, de Manuel Outomuro e Brais Lorenzo, con O anxo que nunca fun e Habitar o baleiro, respectivamente. E con estes creadores ourensáns, grandes nos seus campos da fotografía, a da edición anterior, outro rechamante botón de mostra, con Chema Prado. Este, lucense de Rábade, que fora director da Filmoteca Española durante mais de 25 anos, e seguía a ser unha figura referencial nos festivais cinematográficos de todo o mundo, chegou de Madrid coa súa parella, a grande actriz Marisa Paredes, para amosar baixo o título de Series, Polaroid, Nada que perder, Ciudades e Infraganti, plan ideado para a sala ourensán.
Trátase dun conxunto de cen pezas orixinais das famosas sagas fílmicas Star Wars e Indiana Jones, ademais de Alien, el octavo pasajero, dirixidos por Steven Spielberg, George Lucas, Irvin Kershner, Richard Marquand, e Ridley Scott
A de agora, Making Movies:Un viaje detrás de las cámaras, chegou a Ourense logo de rolar por diversas cidades do reino, caso de Valladolid o pasado xuño e vista no PUFA-Pucela Fantástica, o Festival Internacional de Cine Fantástico y de Terror, e antes xa no museo da universidade de Murcia, estando detrás dela o coleccionista e comisario Rubén Jiménez. Trátase dun conxunto de cen pezas orixinais das famosas sagas fílmicas Star Wars e Indiana Jones, ademais de Alien, el octavo pasajero, dirixidos por Steven Spielberg, George Lucas, Irvin Kershner, Richard Marquand, e Ridley Scott. Son debuxos, guións, elementos varios de atrezzo e vestiario, claquetas, maquetas e armas utilizadas, con paneis pedagóxicos.
De interese específico para afeccionados curiosos e a comunidades frikis destes tempos que gustan disfrazarse dos personaxes. Mais este ano convén salientar o cartaz anunciador, obra do ilustrador ourensán Miguel Robledo, quen se inspirou na primeira muller romana coñecida, Calpurnia, facendo un aceno ao primeiro premio da sección competitiva do OUFF, busto cun proxector de cine vintage de dous rolos que proxecta luz dos seus ollos, que coloca entre as dúas famosas pontes, co río e o tren, e por trás a catedral e o burgo antigo.
Ten por vez primeira versión de animación, da autoría de Soraya Picouto e sonorización de Sebastián Mato, e leva os sons do tren, augas do Miño e o chiflo dun afiador-capador. O artista que saíra da banda deseñada, pasou á comunicación gráfica e ilustración editorial, tendo traballado na industria de animación, proxectos de produtoras cinematográficas ou televisión. Puidemos ver o seu traballo na mostra ourensán de Cidades no tempo en 2024, e nos libros Heidi, de Johanna Spyri, Unha noite no tren da Vía Láctea, de Kenji Miyazawa ou Frankenstein de Mary Shelley.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Jesús Prieto Guijo
LA OPINIÓN
Parricidio en El Palmar
Mariluz Villar
MUJERES
Hablar con Sophia
Fernando Lusson
VÍA DE SERVICIO
Contumacia en el error
Jorge Vázquez
SENDA 001
Dejar de mirar el reloj para empezar a mirar el horizonte
Lo último
MANUEL FERRADÁS
Ferradás: una estirpe a golpe de cuchillo en O Carballiño
INVCITOS COMO LOCAL
Atlético Arnoia a seguir fuertes en casa ante el Pontevedra B
A PARTIR DEL 26
“CarbaNadal”, parque de atracciones navideño en O Carballiño