Familia de alquiler

¡BUONE VISIONI!

Publicado: 16 ene 2026 - 06:10
Fotograma de "Familia de alquiler".

A cineasta xapones Hikari, despois de conmover coa súa película anterior, 37 seconds (2019), volve á pantalla grande con Rental Family (Familia de alquiler). Un filme ambientado na Tokio actual inspirado nunha das 300 axencias do país que contratan actores para interpretar roles de familiares ou amigos, cubrindo unhas importantes necesidades emocionais.

Rental Family está protagonizada por Phillip Vanderploeg (Bendan Fraser), un actor estadounidense en horas baixas que viviu o seu momento de gloria interpretando o superheroe dunha marca de dentífrico nunha publicidade en Xapón. Por iso decidiu quedarse a vivir no País do Sol Levante. E mentres sobrevive por atopar un novo propósito, consegue un traballo inusual nunha axencia de “familias de alugueiro”, interpretando papeis de suplente para descoñecidos (un esposo, un xornalista, un padre, un amante dos videoxogos, un fan do karaoke, entre outros). A medida que se mergulla no mundo dos seus clientes, comeza a establecer uns vínculos xenuínos que farán desvanecer as liñas entre a ficción e a realidade...

Un rol, na película, encarnado por un Brendan Fraser que ten un auténtico talento para xerar emocións - a dor é a única emoción que non consegue disfrazar o protagonista.

Familia de alquiler é unha comedia agridoce que reflexiona sobre os límites da imaxinación e do compromiso emocional. Leva ao máximo o concepto de ‘desrealidade’ elaborado por Fellini cando di que ‘deixamos de ser nós mesmos só cando nos quitamos o disfrace’. Segundo o cineasta de Rimini, a artificialidade convértese nun valor na medida de que xera unha verdade emocional. Algo que, ao contrario, arrepiaría a outro contemporáneo do cineasta italiano, Pier Paolo Pasolini, que estaba en contra da capitalización das emocións e da compravenda empresarial dos sentimentos humanos.

Familia de alquiler é tamén unha ollada desde dentro sobre a sociedade xaponesa, un mundo moi peculiar e pechado, que podería resultar moi curioso e surrealista para un occidental que descoñece as súas costumes. Nesta exploración acompáñanos a mirada e a corpo do seu protagonista, un estranxeiro que se mete literalmente no privado dos seus habitantes. Un rol, na película, encarnado por un Brendan Fraser que ten un auténtico talento para xerar emocións - a dor é a única emoción que non consegue disfrazar o protagonista. Ademais de Fraser merece unha mención especial o reparto xaponés, desde Mari Yamamoto a Shannon Gorman, e un extraordinario Akira Emoto, un dos interpretes do Sol Levante máis recoñecido, no papel dun actor retirado que padece Alzheimer.

En Familia de alquiler conviven perfectamente o drama e a comedia. É un filme agradable, pensado para toda a familia, pero na súa aparente lixeireza e ironía, a película de Hikari abre unha reflexión profunda sobre a soidade e a incomunicación que está a vivir a sociedade contemporánea. Un mundo onde cada vez é máis difícil distinguir entre a realidade e a imaxinación, entre o artificio e os afectos. Onde as necesidades emocionais simúlanse e os baleiros existenciais énchense a través transaccións económicas e mentiras piadosas.

A nova programación do Cineclube Padre Feijoo

A partir da próxima semana, o Cineclube Padre Feijoo renova a súa programación con títulos como Valor sentimental de Joachim Trier, Maspalomas de José Mari Goenaga e Aitor Arregi ou Nuovelle Vague de Richard Linklater ademáis coa sesión maxistral de A verdade de H. G. Clouzot, e con algún clásico. As películas poderán verse na Casa da Cultura os luns ás 20.30 horas e os mércores ás 18.00 e 21.00 horas. Para o programa completo e o horario das sesións especiais pódese consultar a páxina web do Cineclube.

Contenido patrocinado

stats