Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Portero de noche
“Escoitei dicer que hai unha montaña / e no interior da montaña unha caberna / e na caberna un corazón que pode ser á vez un vaso / ou a inscrición dunha lenda” (Heloísa, Chus Pato)
Diga o que diga e conte o que conte, é evidente que nas últimas dúas semanas, Feijoo non fixo outra cousa que non fose tratar de convencer ao mundo mundial e aos poderes fácticos internos, externos e medio pensionistas, que el era o herdeiro natural daqueloutro que tocou a chanca co rabo metido entre as pernas, máis coñecido por “Eme punto Rajoy”.
As prepotentes plumas da prensa española, e os preclaros tertulianos madrileños, estaban tan obsesionados en convencernos de que o “salvador de Galicia” tamén sería quen de salvar España, que mesmo se esqueceron de botar as contas para comprobar se, entre todos eles e os fans do unxido –ou untado–, don Alberto Núñez Feijoo, dispuñan do quórum necesario para concederlle o camarín de presidente do Partido Popular a un tipo de provincias, que tanto se tiña esforzado nos últimos tempos en falar sen acento galego e en tratar de pórlle lume a algún que outro documento, posibelmente agochado no portapapeis da señora Santamaría.
Así que os sabios alquimistas, que cocen e manipulan a información en Madrid, para vendérnola enlatada aos da periferia, no canto de analizar e indagar se as cousas acontecerían realmente como eles querían, decidiron pórse a discutir se o apelido do señor dos Peares debería levar ou non acento, para, chegado o momento, evitar que houbese algún indocumentado en ortografía parda que escribira Feijó-o, cargando a pronuncia no primeiro “ó” e deixando o segundo como unha vogal muda –ou máis ben enmudecida– no canto de recrearse nun “o-o” longo e pausado que lle pechase o camiño a calquera outra interpretación da partitura. Pero os fenómenos do conto mediático, malia negalo con absoluta naturalidade, decatáronse finalmente de que a sintonía non foi nin “óo” nin “oo”. Foi “oh!”. E mira se foi oh! que, cando, o pasado luns á tardiña, o tal caeu da burra, ergueuse do chan coa milonga de "no puedo fallar a los gallegos porque sería también además fallarme a mí mismo". Oh!
Ah! O meu tío Lisardo opina que Feijoo non leva acento, leva unha pexa nos miolos que nunca lle vai permitir ter claro se os galegos son a súa prioridade. E senón que a próxima vez non tarde quince días en contárnolo. E, en galego, por favor.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Portero de noche
Carlos Risco
LA CIUDAD QUE TODAVÍA ESTÁ
El empedrado medieval de la ciudad vieja
Chicho Outeiriño
DEAMBULANDO
Los más de mil apodos de Benchosey… y los nuestros
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Nicolás
Lo último
AUSENCIAS Y GANAS
El COB, con el pasado muy presente
MELLORA DO CICLO DA AUGA
A Xunta ratifica o seu apoio á alianza de 10 concellos do Támega
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, miércoles, 4 de febrero?
ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este miércoles, 4 de febrero, en Ourense